Comeza o XXV Foro Tecnolóxico de Emprego

Os días 11 e 12 de marzo de 2025 celebrarase unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.

Trátase dun evento consolidado no calendario académico que foi creado no ano 2001 polas Delegacións de estudantes das tres Escolas do campus de Vigo para achegar o mundo laboral aos alumnos das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.

Unha iniciativa única creada polo alumnado para o alumnado, co obxectivo de facilitar a interacción entre as empresas e os futuros titulados no ámbito técnico. Un espazo de encontro entre estudantes e empresas que facilita a conexión entre empresas líderes e futuros profesionais, centrándose en proporcionar oportunidades laborais e de crecemento profesional aos estudantes.

As empresas que participarán nesta próxima edición do foro impartirán obradoiros, conferencias e te atenderán nos seus stands para axudarche no teu achegamento ao mundo laboral.

Na seguinte ligazón podes consultar todas as actividades que se levarán a cabo: Programa foro tecnolóxico.

Participa no Foro Tecnolóxico de Emprego e aproveita esta oportunidade para conectar con empregadores e atopar prácticas, traballos fin de grao e máis. Complementa a túa formación e amósalles ás empresas o teu talento!

Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.