Comeza o XXIII Foro Tecnolóxico do Emprego

Os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2023 celebrarase unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.

Trátase dun evento xa consolidado no calendario académico que foi creado no ano 2001 polas Delegacións de estudantes das tres Escolas do campus de Vigo para achegar o mundo laboral aos alumnos das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.

É un evento creado polo alumnado para o alumnado.

As empresas que participarán nesta próxima edición do foro impartirán obradoiros, conferencias e te atenderán nos seus stands para axudarche no teu achegamento ao mundo laboral.

Na seguinte ligazón podes consultar información sobre os diferentes obradoiros que se levarán a cabo: obradoiros foro tecnolóxico.

Non perdas a oportunidade de achegarte ao XXIII Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento. 

Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.