Acreditación EUR-ACE

A Escola de Enxeñería Industrial, no marco do seu Plan Estratéxico e en busca da excelencia nas súas titulacións, acada os selos de calidade EUR-ACE nas seguintes titulacións de grao: Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática, Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais e Grao en Enxeñería Mecánica. Esta distinción súmase ao selo internacional ABET outorgado á súa titulación de Mestrado en Enxeñería Industrial.

Continuar lendo

Probas finais de avaliación

Últimas novidades sobre as datas das probas finais A Comisión Permanente da EEI acordou na súa sesión extraordinaria do 20 de abril, a consecuencia da suspensión das actividades presenciais polo estado de alarma sanitaria, o atraso das probas de avaliación finais en dúas semanas. Deste xeito, os exames do segundo cuadrimestre comezarán o 25 de maio e as probas da convocatoria de xullo comezarán o 29 de xuño, desprazándose en dúas semanas en relación á data orixinal. O calendario académico modificado podes consultalo na seguinte ligazón: planificación académica.

Continuar lendo

Xornada de Orientación Universitaria

Os días 13 e 14 de maio de 2020 celebrarase unha Xornada de Orientación Universitaria virtual a través do Campus Remoto. A xornada do 13 maio desenvolverase pola tarde e vai dirixida a alumnado de bacharelato e últimos cursos de ESO. Ofrecerase información sobre a ABAU, o proceso de preinscrición e matrícula, a oferta formativa e os servizos da Universidade de Vigo. Para a xornada do día 14 de maio, están previstas sesións distribuídas por ámbito de coñecemento: Artes e Humanidades, ámbito Xurídico Social, Ciencias da Saúde, ámbito da Enxeñaría e Arquitectura.

Continuar lendo

Distinción de TFM por parte do ICOIIG

Está en marcha a convocatoria 2020 ás Distincións dos Proxectos realizados nos Traballos Fin de Mestrado para o alumnado do Mestrado en Enxeñería Industrial. As bases de participación e formulario figuran na seguinte ligazón: Distincións Proxectos Fin Mestrado – Convocatoria 2020 O Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) desexa desta forma estimular o traballo dos futuros Mestrados en Enxeñería Industrial, a través dos proxectos levados a cabo nos seus Traballos Fin de Mestrado. 

Continuar lendo

Aviso importante

Os servizos administrativos do centro non prestarán atención presencial ata novo aviso. A atención prestarase exclusivamente a través de correo electrónico, pódense consultar os enderezos na web do centro/administración e servizos. Como único punto de atención telefónica urxente contactar coa Administradora do ámbito tecnolóxico no teléfono 647343115.

Continuar lendo

Charlas Patrón EEI

Con motivo da celebración do Patrón da EEI, desde a Delegación de Alumnado de Industriais (DAI) están a organizarse diversas charlas que se achegan no seguinte documento e que esperamos sexan do interese de toda a comunidade da nosa Escola. Animámosvos a que participedes nas sesións, xa que se tratan temas de gran actualidade. (APRAZADO)

Continuar lendo