A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo imparte ensinanzas no ámbito da Enxeñería Industrial a través dunha oferta educativa versátil e actual dos seus diferentes graos. Dando resposta ás novas necesidades e demandas da sociedade, a Escola incorporou á súa oferta formativa o Grao en Enxeñería Biomédica. Na Sede Cidade, impártense os seguintes Graos: Enxeñería en Química Industrial Enxeñería en Tecnoloxías Industriais Enxeñería Mecánica Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática Na Sede Campus, impártense os seguintes: Enxeñería en Organización Industrial Enxeñería Eléctrica Enxeñería Mecánica Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática Enxeñería Biomédica
Categoría: Estudos
Mestrado en Enxeñería Industrial
120 Créditos 2 Cursos 50 Prazas Presencial Habilitante Descrición do título Segundo o artigo 16.1 do Real Decreto 822/201, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarios oficiais e o procedemento de garantía da calidade, “A docencia que se imparte nos mestrados ten por obxecto que o alumnado dispoña dunha formación avanzada, especializada ou multidisciplinar, orientada á formación académica ou especialización profesional, ou na promoción dunha iniciación ao labor investigador”. Determinadas profesións reguladas necesitan un nivel de estudos maior e así, para poder exercelas, requírese cursar un mestrado universitario habilitante. O Mestrado en Enxeñería Industrial é un Mestrado con …
Docencia en inglés
A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo ofrece un programa de docencia en inglés. Docencia en inglés para o curso 2023/2024 Docencia en inglés para o curso 2022/2023 Docencia en inglés para o curso 2021/2022 Docencia en inglés para o curso 2020/2021 Docencia en inglés para o curso 2019/2020 Docencia en inglés para o curso 2018/2019 Docencia en inglés para o curso 2017/2018 Docencia en inglés para o curso 2016/2017 Docencia en inglés para o curso 2015/2016 Os créditos de teoría e, como mínimo, un grupo de prácticas das materias que forman parte deste programa impartiranse en …
Mestrados
A oferta educativa actual complétase con diferentes mestrados de carácter especialista interrelacionados co sector empresarial de Galicia. Mestrados Especialistas: Mestrado en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración Mestrado en Enxeñería da Automoción Mestrado en Industria 4.0 Mestrado en Mecatrónica Mestrado en Prevención de Riscos Laborais Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade
Programas de Doutoramento
A fase de investigación realízase a través dos programas de doutoramento, distinguidos coa Mención cara á Excelencia polo Ministerio de Educación: Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria Enxeñería Química Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade en Enxeñería e Arquitectura
Curso de adaptación aos graos
Se xa tes o título de Enxeñeiro Técnico Industrial, podes realizar o curso ponte para obter o título de Graduado. Para o curso 2023/2024 impartirase na modalidade semipresencial. Soamente haberá clases de prácticas con horarios compatibles coa actividade profesional. Adaptación ao Grao en Enxeñería Eléctrica: 15 prazas Adaptación ao Grao en Enxeñería Mecánica: 30 prazas Adaptación ao Grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática: 15 prazas Adaptación ao Grao en Enxeñería en Química Industrial: 10 prazas Admisión e Matrícula para o curso 2023/2024 Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de xuño ao 15 de xullo de 2023. As …