Recursos humanos

Área de Ciencia dos Materiais e Enxeñería Metalúrxica Abreu Fernández, Carmen María Cabeza Simó, Marta María Cristóbal Ortega, María Julia Pena Urís, Gloria María Pérez Pérez, María del Carmen Pérez Vázquez, María Consuelo Área de Enxeñería de Sistemas e Automática Armesto Quiroga, José Ignacio Barreiro Blas, Antonio Delgado Romero, Emma Garrido Campos, Julio López Fernández, Joaquín Paz Domonte, Enrique Rodríguez Diéguez, Amador Área de Enxeñería de Procesos de Fabricación Pereira Domínguez, Alejandro Área de Enxeñería Eléctrica Carrillo González, Camilo José Cidrás Pidre, José Díaz Dorado, Eloy Fernández Otero, Antonio López Fernández, Xosé Manuel Área de Enxeñería Mecánica Casarejos Ruiz, Enrique …

Continuar lendo

Teses lidas

Título: “A review of the hybrid paradigm in Artificial Intelligence based on conceptualization, design and development of a new intelligent system with several inference algorithms: applications and usefulness for decision support in the Engineering field” Autor: Manuel Casal Guisande Data de lectura: 19/09/2023 Título: “Planificación de trayectorias para robots no holonómicos en entornos con fuertes restricciones dimensionales” Autor: Ricardo Samaniego López Data de lectura: 24/03/2023 Título: “Modelo de información digital y gráfico del comportamiento de maquinaria industrial servoaccionada” Autor: David Santos Esterán Data de lectura: 26/01/2023 Título: “Tailoring surface properties of metals by laser texturing: wettability control and guided degradation …

Continuar lendo

Criterios para a formación das Comisións Xuzgadoras das Teses de Doutoramento

En cumprimento da normativa vixente na Universidade de Vigo, as comisións xuzgadoras das Teses de Doutoramento deben ser propostas pola Comisión Académica correspondente ao Programa de Doutoramento en que esté matriculado o alumno para ser admitidas a trámite. En consecuencia, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento Universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria pola Universidade de Vigo, establece as seguintes condicións para poder ser membro dunha comisión xuzgadora dunha Tese de Doutoramento: Profesores doutores de universidade que teñan recoñecido ao menos un tramo de investigación (sexenio) Profesores doutores de universidades estranxeiras que acrediten unha traxectoria investigadora …

Continuar lendo

Normativa de lectura da Tese de Doutoramento

En cumprimento da normativa vixente na Universidade de Vigo, as Teses de Doutoramento deberán obter a autorización da Comisión Académica corresponde ao programa de doutoramento no que esté matriculado o alumno. En consecuencia, como norma xeral, admitiranse a trámite pola Comisión Académica, aquelas Teses de Doutoramento que cumpran os seguintes criterios: O alumno autor da Tese de Doutoramento debe xustificar ter realizado un mínimo de dous anos en periodo de investigación O alumno debe ter superado 9 ECTS de cursos de formación básica. De ser o caso, deberá ter superados tódolos complementos de formación establecidos pola Comisión Académica. Na valoración …

Continuar lendo

Desenvolvemento da Tese

Establécense as seguintes normas para o desenvolvemento da Tese de Doutoramento: A Comisión Académica deste programa de doutoramento velará polo correcto desenvolvemento dos Plans de Investigación de Teses de Doutoramento aprobados pola mesma. O alumno someterá anualmente á Comisión Académica un informe anual da actividade desenvolvida no curso académico precedente, no que comentará o grao de cumprimento do plan de traballo e formación previamente establecido e recollido no Documento de Actividades do alumno. Este informe incluirá, ademais, un plan de actividades futuras (tanto no que se refire a investigación, como formación e mobilidade). O informe deberá ter o visto bo …

Continuar lendo

Liñas de investigación

As principais liñas de investigación do programa de doutoramento son as seguintes: Liñas de investigación Temáticas abordadas Tecnoloxías avanzadas Polinomios ortogonais. Cadraturas numéricas. Interpolación. Funcións especiais. Procesamento de materiais con láser. Visión por ordenador: análise de texturas. Metroloxía óptica. Sistemas de control automático. Tecnoloxías biomédicas. Métodos estatísticos. Procesos industriais Conversión electrónica de potencia de CA. Corrosión no formigón. Formación de óxidos para baterías. Materiais compostos de matriz metálica reforzados con fibras ou partículas nanométricas. Revestimentos, sol-gel, pinturas, convertidores de óxido. Caracterización, modificación e comportamento en servizo de materiais. Sensores de ondas acústicas. Aplicacións de sensores de microbalanza de cuarzo (QCM). …

Continuar lendo

Plan de Investigación

Antes de seis meses contados a partires da data de matrícula no programa de doutoramento o alumno deberá elaborar un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía que empregará e os obxectivos que se pretenden acadar, así como os medios e a planificación temporal para acadalos. Este plan deberá ser presentado e avalado co informe do Director/es e do Titor e deberá ser aprobado pola Comisión Académica. Anualmente a Comisión Académica avaliará o Plan de Investigación e o Documento de Actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa de doutoramento. No caso de avaliación negativa, que será …

Continuar lendo

Directores

No prazo máximo de tres meses contados dende a súa matriculación, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento asignará a cada alumno un Director de Tese. O Director da Tese será o máximo responsable das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da Tese e de ser o guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, a outros proxectos e actividades onde se inscriba o alumno. Poderá ser Director da Tese calquera doutor español ou estranxeiro, con experiencia investigadora acreditada, con independencia da universidade, centro ou institución na que preste os seus servizos. …

Continuar lendo

Avaliación

Realizarase un seguemento e avaliación en cada curso de formación transversal ofertado pola Comisión Académica. En todo caso, os alumnos serán avaliados por medio da realización de exames individuais, realización de traballos e/ou desenvolvemento de prácticas en laboratorios. O sistema de calificacións destes cursos expresarase mediante calificación final apto/non apto segundo a lexilación vixente. Unha vez rematada a impartición dos cursos de formación transversal, os alumnos deberán realizar a avaliación segundo se amosa na Planificación Académica. Planificación Académica curso 2016/2017 Panificación Académica curso 2017/2018 Planificación Académica curso 2018/2019 Planificación Académica curso 2019/2020 Planificación Académica curso 2020/2021

Continuar lendo

Horarios

Co obxecto de garantir que todos os alumnos matriculados poidan acceder ás actividades de formación complementaria, incluíndo aqueles alumnos matriculados a tempo parcial, os cursos impartiranse en horario de tarde para ser compatibles coa actividade profesional. A Comisión Académica publicará con antelación suficiente a planificacón académica. Planificación Académica curso 2022/2023 Planificación Académica curso 2021/2022 Planificación Académica curso 2020/2021 Planificación Académica curso 2019/2020 Planificación Académica curso 2018/2019 Planificación Académica curso 2017/2018 Planificación Académica curso 2016/2017

Continuar lendo