Consulta aquí a túa aula
Aviso importante: Aulas curso 2020-2021
Consulta aquí a túa aula
Consulta o día no que comezas as clases
Actividades acollida 14 a 18 setembro Dende a EEI queremos darvos a benvida ao curso 2020/2021, un curso que se vai deselvolver nunha situación excepcional pero no que esperamos superar as dificultades coa colaboración de todas as persoas que integramos a EEI para garantir que a docencia poida transcorrer dun xeito seguro. A partir do día 14 de setembro terán lugar as actividades de acollida, unha serie de actos de benvida, presentación e de información para todo o alumnado da EEI. O horario dependerá de se es estudante de primeiro curso ou de continuación de estudos, e se o …
Consulta o teu grupo para o curso 2020/21 Xa podes consultar na túa Secretaría Virtual a asignación do grupo de aula, tanto de teoría como de prácticas. Os grupos específicos de laboratorio publicaranse tan pronto sexa posible. Lembramos que as preferencias de grupo son meramente informativas e non vinculantes para o Centro. A adxudicación do alumnado faise atendendo as necesidades de organización docente da EEI, máxime na situación tan excepcional na que se vai deselvolver o curso. O único grupo que se imparte en inglés na Escola é o A07 do campus; se aparece indicado nalgún outro que se imparte …
Guías Docentes dos Graos Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais Grao en Enxeñería Eléctrica Grao en Enxeñería Mecánica Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática Grao en Enxeñería en Organización Industrial Grao en Enxeñería en Química Industrial Grao en Enxeñería Biomédica Guías Docentes das Materias en Lingua Inglesa As guías docentes en inglés das materias que teñen docencia en lingua inglesa, atópanse publicadas nos Graos correspondentes e tamén na seguinte ligazón. Docencia en Lingua Inglesa Guías Docentes dos Mestrados Mestrado en Enxeñería Industrial Guías Docentes do Curso de Adaptación Curso de Adaptación
Curso 2019/2020 O calendario de exames para o curso 2019/2020 foi aprobado pola Comisión Permanente da Escola de Enxeñería Industrial o 17/06/2019. A comisión permanente da EEI acordou na súa sesión extraordinaria do 20 de abril, a consecuencia da suspensión das actividades presenciais polo estado de alarma sanitaria, o atraso das probas finais en dúas semanas. é dicir, os exames desenvolveranse no mesmo día da semana no que están planificados pero con dúas semanas de atraso en relación á data orixinal (do día i ó día i+2semanas). Por exemplo, un exame previsto para o día 11 de maio ás 16:00 …
Curso 2019/2020 Os horarios do curso 2019/2020 foron aprobados pola Comisión Permanente da EEI o día 27/06/2019 Titulacións de Grao Graos Sede Cidade Graos Sede Campus Enxeñería Biomédica – Hospital Álvaro Cunqueiro Curso de adaptación ao Grao Titulacións de Mestrado Mestrado en Enxeñería Industrial
O Calendario Académico do curso 2019/2020 foi aprobado pola Comisión Permanente o 10/06/2019. Títulos de Grao Comezo da actividade académica ⇒ 9 de setembro de 2019 Comezo da actividade docente ⇒ 16 de setembro de 2019 Inicio 2º cuadrimestre ⇒ 27 de xaneiro de 2020 Exames Fin de Carreira ⇒ do 5 ao 13 de setembro de 2019 Exames 1º cuadrimestre ⇒ do 18 ao 20 de decembro de 2019 e do 8 ao 24 de xaneiro de 2020 Exames 2º cuadrimestre ⇒ do 25 de maio ao 10 de xuño de 2020 Modificado!! Exames convocatoria xullo ⇒ do 29 …
Todo o alumnado da nosa Escola debe participar nas actividades de acollida que organizamos tanto para o caso de que empece con nós neste curso como se xa nos coñece. Aínda que é posible que xa se saiban moitas das cousas que imos contar, a experiencia dinos que nunca está de máis coñecer algunhas máis. É por isto, e co obxecto de traballar con información de primeira man, que ofrecemos estas actividades organizadas para o alumnado con temas que son de interese e que lle afectan directamente. As actividades académicas para os alumnos de Grao e Mestrados Académicos da EEI …
Alumnos de Primeiro curso que se matriculan por primeira vez No curso académico 2019/2020 os alumnos de primeiro curso dos 7 graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) compartirán as materias do 1º curso. Cada alumno matricularase no Grao seleccionado (sempre que existan prazas vacantes) pero, como o 1º curso é común a todos os Graos, os alumnos compartirán os 11 grupos de primeiro curso. O alumno deberá completar a súa matriculación no Grao elixido a través da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de grupo. Deberá ordear de maior a …