Traballo Fin de Mestrado

Como requisito indispensable para a obtención do título de Mestrado en Enxeñería Industrial, o alumno deberá realizar un Traballo de Fin de Mestrado (TFM) no que deberá desenvolver as competencias e capacidades adquiridas ao longo da titulación. A realización deste traballo posúe un recoñecemento académico de 24 ECTS. O TFM debe ser un exercicio orixinal e individual no que o alumno se enfronte a un problema real do ámbito da enxeñaría, no que poida empregar a metodoloxía adquirida durante a súa formación para propor unha solución tecnicamente válida e viable. Matrícula TFM Deberá ser formalizada antes de poder comezar a …

Continuar lendo

Prácticas en empresas

As prácticas en empresas teñen como finalidade facilitar a preparación para o exercicio profesional dos alumnos nas áreas operativas das empresas relacionadas coa súa formación universitaria, aportando un coñecemento real das tarefas e funcionamento das empresas, promovendo así o seu futuro desenvolvemento profesional e o acceso ao mercado laboral. Máis info: Prácticas e emprego

Continuar lendo