Docencia en Lingua Inglesa

1. Plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo Na reunión do Consello de Goberno dos días 21 y 22 de marzo de 2013 aprobouse o plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo. Dito plan contempla no seu eixe nº 2 a posibilidade de impartir docencia na lingua inglesa. O mesmo plan, recolle textualmente o seguinte: Eixe 2. Docencia universitaria en linguas estranxeiras Este eixe recolle unha serie de actuacións dirixidas a acadar unha oferta académica impartida en linguas estranxeiras, nomeadamente en inglés. […] Defínense cinco liñas de actuación asociadas a este eixe: […] – Un procedemento gratuíto para …

Continuar lendo

Normativa para a selección de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial para o programa de mobilidade Erasmus-Estudos

1. Obxecto Esta normativa define os criterios específicos de centro que debe cumprir o alumnado da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) para participar no programa de mobilidade Erasmus-estudos -tal e como se contempla nas bases da convocatoria de dito programa- e particularmente o procedemento de selección, resolución e notificación dos estudantes de mobilidade. Esta normativa complementa o Regulamento da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo para programas de mobilidade de estudos. 2. Criterios de selección de estudantes A selección dos estudantes da EEI para o programa de mobilidade ERASMUS será realizada atendendo aos seguintes criterios: Seleccionaranse unicamente estudantes …

Continuar lendo

Réxime de Permanencia a Tempo Parcial

Réxime de Permanencia a Tempo Parcial O réxime de estudante a tempo parcial supón unha matrícula por curso dun mímino de 24 e menos 48 créditos. Na EEI aprobararanse con carácter xeral, as solicitudes de matrícula no réxime de permanencia a tempo parcial nas titulacións de grao da EEI nos seguintes casos: Traballador en activo, acreditado mediante un contrato laboral (acompañado de Informe de Vida Laboral recente) que cubra máis dun terzo do período lectivo Persoas con un familiar con un parentesco de primeiro grao cunha dependencia de grao II (dependencia severa) ou superior segundo a Lei 39/2006, de 14 …

Continuar lendo

Procedemento de Solicitude de Prácticas de Campo e Saídas de Estudos

Procedemento 1. O profesor solicitante da actividade deberá entregar no Negociado de Asuntos Xerais da Escola de Enxeñería Industrial (EEI) en calquera das dúas sedes, a seguinte documentación dentro do prazo establecido polo centro: a. Formulario de solicitude de xestión das prácticas de campo e saídas de estudos no que constan os datos da actividade a realizar. b. Formulario F001 no que os profesores afectados pola actividade informan de que a actividade non afecta substancialmente ó desenvolvemento da súa materia, xunto con unha previsión de gastos no caso de actividades de máis dun día de duración. 2. A priorización das …

Continuar lendo

Procedemento de Recoñecemento de créditos

Recoñecemento de Créditos Os alumnos poderán solicitar o recoñecemento de créditos mediante os formularios que están á súa disposición na Área Académica da EEI. Informes de recoñecemento de créditos Recoñecemento de créditos nas titulacións a extinguir da EEI Recoñecemento de créditos entre titulacións de Grao da EEI Recoñecemento de créditos nos Cursos Ponte Recoñecemento de prácticas extracurriculares Informe de recoñecemento de créditos 1) Recibida unha solicitude de recoñecemento de créditos por parte dun alumno nun dos Negociados de Alumnos da EEI, a Área Académica da EEI correspondente solicitaralle aos coordinadores das materias da EEI obxecto da solicitude un informe de …

Continuar lendo

Traballo Fin de Grao

Matrícula TFG Deberá ser formalizada antes de poder comezar a súa realización dado que, aínda que non exista docencia como tal, é necesario asegurar o asesoramento por parte do profesor asignado como director. A matricula do TFG debe realizarse xunto con todos os créditos restantes da titulación. Proposta de traballos Pode partir tanto de profesores como de alumnos da titulación de Grao que corresponda e en calquera período do curso académico. A proposta do alumno poderá ser a título individual ou ter vinculación co traballo desenvolto por outro centro universitario, por unha empresa, por un centro ou instituto de investigación, …

Continuar lendo

Regulamento do Traballo Fin de Mestrado

Preámbulo Coa chegada da implementación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), o Traballo Fin de Mestrado (TFM) pasa a ter a consideración de materia dende o punto de vista de matrícula, docencia, avaliación e cuantificación en créditos: Respecto á matrícula, os créditos do traballo forman parte dos 60 ECTS de que consta un curso académico a tempo completo e, polo tanto, esta debe formalizarse ao comezo do curso ou semestre no que se vaia a realizar o traballo. En relación coa docencia do traballo, a tradicional lección maxistral por parte do profesor nunha materia súplese aquí coas horas necesarias …

Continuar lendo

Aula virtual

Nos últimos anos, a EEI ven abordando a implantación dun proxecto de virtualización. Este proxecto baséase na existencia de grandes equipos informáticos (supercomputadores) nos cales é posible levar a cabo a apertura de múltiples sesións. A virtualización consiste en, a partir dun equipo físico de gran capacidade ou supercomputador e utilizando un software específico, crear múltiples sesións. Cada sesión defínese como unha máquina virtual que utiliza unha parte dos recursos do supercomputador e que contén todo o software que se utiliza no desenvolvemento da actividade docente, é dicir, cada máquina virtual compórtase como se fose un computador físico onde cada …

Continuar lendo

Area Académica – Graos

SEDE CIDADE Rúa Conde de Torrecedeira nº 8636208 Vigo, Pontevedra Información Enderezo electrónico: eei.alumnoscidade@uvigo.galTeléfono: +34 986 813 643 Xefas de Negociado de Estudos de Grao Araceli Dorrio Rodríguez,Enderezo electrónico: eei.xna.cidade@uvigo.gal,Teléfono: +34 986 813 670 Eva María Rodríguez Gómez,Enderezo electrónico: eei.xna.cidade@uvigo.gal,Teléfono: +34 986 813 670   SEDE CAMPUS Campus Universitario Lagoas-Marcosende36310 Vigo, Pontevedra Información Enderezo electrónico: eei.alumnoscampus@uvigo.galTeléfono: +34 986 812 202 Xefas de Negociado de Estudos de Grao Ana Belén Ramos Alleres,Enderezo electrónico: eei.xna.campus@uvigo.gal,Teléfono: +34 986 814 075 Marta Seoane Vietez,Enderezo electrónico: eei.xna.campus@uvigo.gal,Teléfono: +34 986 814 075 Xefa de Área de Estudos de Grao María José Vidal Abad,Enderezo electrónico: eei.xaa.cidade@uvigo.gal,Teléfono: +34 …

Continuar lendo

Aviso Legal

Termos de uso Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web. O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida. Exención de responsabilidade O contido facilitado a través desta web publícase con efectos meramente informativos e non substitúe a publicidade legal de estatutos, normativas, disposicións e actos que teñen que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletines oficiais. Aínda que por parte da Universidade de Vigo efectuaranse, en todo momento, …

Continuar lendo