Avaliación por compensación

Enténdese como avaliación por compensación o mecanismo polo que se avalía no seu conxunto a traxectoria académica e o labor realizado polo estudantado ao final dos seus estudos para determinar se acadou os coñecementos e competencias suficientes para obter a titulación académica á que opta, compensando materias que non teña superadas. Requisitos para admitir a trámite as solicitudes Poderá solicitar a avaliación por compensación o estudantado de grao que cumpra os seguintes requisitos: Que cando menos o 50% dos créditos da titulación fosen cursados na Universidade de Vigo. Que resten para graduarse un máximo de dúas materias que non superen …

Continuar lendo

Eleccións á Xunta de Escola 2024

Sorteo da Xunta Electoral O venres 4 de outubro de 2024, previa difusión pública a través das listas de distribución da EEI, na Sala de Audiovisuais da Sede Campus, procedeuse ao sorteo público da Xunta Electoral da EEI. Segundo normativa/regulamento electoral da UVigo, a Xunta Electoral está composta por:: 1) O Decano ou decana ou persoa que exerza a dirección do centro, que a preside. 2) O Secretario ou secretaría do centro, que actúa como secretario ou secretaria da mesma. 3 Unha persoa pertencente ao persoal docente e investigador, outra ao persoal de administración e servizos e outra ao sector …

Continuar lendo