Comezo 2º cuadrimestre luns 31 de xaneiro

O próximo luns 31 de xaneiro comeza a actividade académica do 2º cuadrimestre.

Debido a unha serie de melloras que se están a levar a cabo na Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus é preciso reasignar algúns espazos docentes de cara ao comezo deste 2º cuadrimestre.

Na seguinte táboa podes consultar os axustes realizados.

CURSOS/MATERIAS AULA ANTERIOR AULA ACTUAL
1º Curso – Grupo AO2 Aula 7 Aula 210 Minas
3º Biomédica Clases Teoría Salón de actos Aula 7
3º Organización Troncais Salón de actos Aula 7
3º Prácticas Organización OTFH Salón de actos Aula 7
3º Biomédica Prácticas Biomec luns e martes Aula 210 Minas Aula 104 Minas
4º Mecánica Transporte-Teoría VAHE luns Aula 210 Minas Aula 104 Minas

É importante permanecer atentos ás novas e ás listas de correo por se houbese que facer algún tipo de axuste por razón de carácter organizativo.