O venres 25 de outubro de 2024 deu comezo o proceso electoral para a elección dos membros da Xunta da Escola da EEI coa publicación dos censos provisionais
Unha vez finalizado o prazo de reclamacións ás candidaturas e analizadas as recibidas, as candidaturas provisionais pasan a ser definitivas.
Dado que o número de candidaturas en cada sector non supera o número de membros elixibles, non é necesario celebrar eleccións e os candidatos/as pasan a ser membros electos polos seus respectivos sectores cando transcorran os prazos establecidos no calendario electoral.
Toda a información está dispoñible en: https://eei.uvigo.es/gl/escola/servizos-administrativos/negociado-asuntos-xerais/eleccions-a-xunta-de-escola-2024/