Declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica

O próximo 17 de xuño abrirase o prazo para realizar a declaración de intención de matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica. Estará aberto ata o mércores 26 de xuño.

Esta solicitude de interese é voluntaria e non vinculante. Os datos que se obteñan serán orientativos e non proporcionan prioridade algunha no proceso de preinscripción e matrícula.

Co Mestrado en Enxeñería Biomédica búscase afianzar e potenciar os estudos do Grao en Enxeñería Biomédica, aportando ao alumnado unha formación de amplo espectro, que responde ás necesidades de dispoñer de persoal técnico de alta cualificación para deseñar e aplicar novas e avanzadas tecnoloxías no ámbito sanitario.

Con este mestrado complétase unha formación que abrangue todas as etapas e aspectos relacionados coas tecnoloxías e produtos sanitarios.

Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro. Fai a túa declaración de intención de matrícula do 17 ao 26 de xuño no seguinte formulario:

https://forms.gle/CkennSv8mfvFsEXc9

Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula no Mestrado en Enxeñería Biomédica estará dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Biomédica