Solicitude de modalidade de avaliación global 2023/24

Ábrese o prazo de solicitude de modalidade de avaliación global para as materias do primeiro cuadrimestre do curso 2023-2024, que deberá facerse a través do seguinte formulario: formulario solicitude modalidade avaliación global.

O prazo é dun mes, dende o día seguinte á data de publicación deste nova (data de publicación: 11 de setembro de 2023) na páxina web do Centro, prazo que será divulgado tamén polas listas de distribución do mesmo.

Aconséllase que o alumnado consulte, en caso de ter dúbidas, co profesorado de cada materia as características concretas de cada modalidade de avaliación (continua ou global) posto que a asignación de modalidade, unha vez solicitada, será vinculante. No caso de non facer ningunha solicitude, entenderase que a modalidade é a de avaliación continua.

Para aquelas solicitudes recibidas fóra de prazo non se concederá a modalidade de avaliación global de forma automática por parte do Centro senón que se analizarán, co profesorado coordinador das materias implicadas, de forma individualizada cada nova solicitude.

Documentos e enlaces