Preinscrición Mestrado en Enxeñería Industrial

Do 23 ao 28 de xullo ábrese o primeiro prazo para realizar a preinscrición no Mestrado en Enxeñería Industrial.

O Mestrado en Enxeñería Industrial é un mestrado con atribucións profesionais plenas de Enxeñeiro Industrial, unha profesión apaixonante, cun longo percorrido profesional e cunha empregabilidade plena.

Este programa ofrece a posibilidade de facer o Traballo Fin de Mestrado nunha empresa. Ademais, este título da Escola de Enxeñería Industrial está acreditado pola prestixiosa Axencia ABET de referencia nos programas de Enxeñería e Tecnoloxía.

Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!

Toda a información relativa aos prazos de preinscrición e matrícula está dispoñible na seguinte ligazón: Preinscrición e matrícula Mestrado Enxeñería Industrial