Curso NATURE MASTERCLASSES

Dentro do Programa Oficial de Doutoramento en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria, asinamos un convenio con SPRINGER NATURE para ter acceso ao curso NATURE MASTERCLASSES, curso de Escritura e Publicación Científica de NATURE.


Scientific Writing and Publishing é un curso en liña de Nature Research para investigadores en ciencias e enxeñería que son novos na publicación ou desexan actualizar as súas habilidades.

Permitirache:

  • Desenvolver habilidades de escritura e adquirir confianza na redacción de artigos para revistas.
  • Comprender os procesos editoriais e o que buscan os editores.
  • Coñecer as mellores prácticas para enviar un traballo e unha revisión por pares.

Características claves do curso:

  • O curso consta de tres partes certificadas.
  • Impartido por 36 editores de máis de 20 revistas de Nature Research.
  • 11 horas de aprendizaxe en leccións de 10 minutos.
  • Proporciónanse subtítulos e transcricións en inglés.
  • O acceso ao curso está dispoñible ata o 10/01/2021.

Se estás interesado neste curso, solicita acceso enviando un correo electrónico cos teus datos a jpou@uvigo.es.

A ligazón da páxina web do curso é:
https://masterclasses.nature.com/?gclid=EAIaIQobChMI87arg_TW7AIVB5zV