1º prazo preinscrición Mestrados Especialistas – curso 2024/25

O 1 de xullo abrése o primeiro prazo para realizar a preinscrición para o curso 2024/25 nos Mestrados Especialistas da EEI. Estará aberto ata o 7 de xullo.

As listaxes provisorias de admitidos e excluídos publicaranse o 18 de xullo segundo o calendario de preinscrición e matrícula.

Estes mestrados están interrelacionados co ámbito empresarial de Galicia, preparándote para os grandes desafíos en sectores claves da nosa economía.

Podes consultar toda a información destes títulos na seguinte ligazón, https://eei.uvigo.es/es/estudios/másteres/

A oferta de mestrados da EEI son unha opción competitiva, segura e prestixiosa, con titulacións deseñadas para estar na vangarda da enxeñería e colocarte nunha posición inmellorable para un desenvolvemento profesional de éxito. 

Ademais, as nosas titulacións contan co recoñecemento e o apoio de axentes e actores chave da nosa contorna que recoñecen á EEI coma xeradora dun coñecemento esencial e innovador para un desenvolvemento sostible da nosa sociedade. 

Elixas o que elixas, unha opción segura! Non deixes escapar esta oportunidade de asegurar o teu futuro!