Comeza o XXII Foro Tecnolóxico do Emprego!

Os días 9, 10 e 11 de marzo de 2022 celebrarase unha nova edición do Foro Tecnolóxico do Emprego.

Trátase dun evento xa consolidado no calendario académico que foi creado no ano 2001 polas Delegacións de estudantes das tres Escolas do campus de Vigo para achegar o mundo laboral aos alumnos das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade.

Na seguinte ligazón podes consultar información sobre os diferentes obradoiros que se levarán a cabo e rexistrarte naqueles do teu interese: obradoiros foro tecnolóxico

Esta edición contará con dúas novidades: o Speed Recruiting e o Elevator Pitch. Podes coñecer máis sobre estas novidades e realizar a inscrición no seguinte formulario: https://forms.gle/bysiob2pJWkUiaTN8

O 1 de marzo, de 17:30 a 19:30 horas tivo lugar outra actividade de interese para o alumnado dentro do marco do Foro Tecnolóxico. Consistiu nunha sesión en liña acerca das oportunidades en consultoría estratéxica impartida por Boston Consulting Group. Podes consultar toda a información na seguinte ligazón: Discover Strategy Consultig @ BCG

Non perdas a oportunidade de achegarte ao XXII Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento. 

Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/ e nas súas redes sociais.