Desde hoxe e ata o 1 de marzo terá lugar en Pontevedra, o 8º Salón de Oferta de educación e Formación de Galicia ( EDUGAL).
O obxectivo desta celebración é dar continuidade á orientación académica e facilitar así a elección sobre o futuro profesional. Participan centros educativos e formativos, orientadores e profesionais do ensino, empresas e organizacións, tanto do sector público como privado, con conferencias, charlas demostracións e talleres para axudar aos estudantes para valorar entre as distintas opcións formativas das que dispoñen.
A Escola de Enxeñería Industrial non podía faltar a unha cita tan importante como a Feira EDUGAL.
A entrada é gratuíta e o horario de 10 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 h.