Aqueles alumnos que por motivos xustificados teñan que renunciar ao sistema de avaliación continua nos graos, nunha ou varias materias do segundo cuadrimestre, poden facelo dende hoxe e ata o xoves 31 de xaneiro de 2019. A solicitude será electrónica mediante o seguinte formulario.
Non se atenderá ningunha solicitude sen documentación xustificativa do motivo indicado.
Recórdase que mentres non se resolvan as solicitudes o alumnado deberá presentarse as actividades e probas de avaliación continua establecidas por cada materia.
Documentos e enlaces