Aqueles alumnos que por motivos xustificados teñan que renunciar ao sistema de avaliación continua nos graos, nunha ou varias materias do primeiro cuadrimestre, poden facelo ata o 27 de setembro de 2019. A solicitude será electrónica mediante o formulario que se facilita no enlace desta nova.
Non se atenderá ningunha solicitude sen documentación xustificativa do motivo indicado.
Lémbrase que, mentres non se resolvan as solicitudes, o alumnado deberá presentarse ás actividades e probas de avaliación continua establecidas por cada materia.
Documentos e enlaces