Foro Tecnolóxico do Emprego

O Foro Tecnolóxico do emprego é un evento creado polo alumnado para o alumnado, co obxectivo de achegar aos estudantes á realidade laboral do seu sector, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.

Se queres entrar en contacto coas empresas do teu sector, xa sexa para conseguir unhas prácticas como para darte a coñecer, tes que formar parte do equipo do Foro Tecnolóxico de Emprego XXII!

Sendo colaborador poderás coñecer as oportunidades laborais do momento á vez que desenvolves competencias transversais vitais  na contorna empresarial actual, crecendo persoal e profesionalmente.

Actualmente o foro atópase en período de captación de colaboradores. Non o penses máis! Gaña experiencia e mellora as túas competencias transversais.

Entra en www.forotecnoloxico.net e inscríbete. O prazo remata o día 3 de decembro, que no se che pase!