Eleccións dos membros da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación da EEI (2021)

Xunta Electoral

  1. O director: Juan E. Pardo Froján
  2. O secretario: Pablo Izquierdo Belmonte
  3. Persoal docente e investigador:
    • Titular: Luis Diéguez González
    • Suplente 1: Francisco Rodríguez Castro
    • Suplente 2: Joaquín Baltasar Collazo Rodríguez
  4. Estudantes:
    • Titular: Andrea Fernández Montenegro
    • Suplente 1: Ariel Prado Camargo
    • Suplente 2: Patricia Laura Rodríguez Rodríguez
  5. Persoal de administración e servizos:
    • Titular: Fernando Martínez García
    • Suplente 1: Alicia Costas González
    • Suplente 2: Marta Seoane Viétez

Calendario electoral

Segundo o aprobado na sesión ordinaria da Xunta Electoral celebrada o 27 de maio de 2021, o calendario electoral queda como segue:

  • 31 de maio de 2021:
    • Publicación dos censos provisionais
  • 1 ao 4 de xuño de 2021:
    • Reclamacións aos censos provisionais
  • 7 de xuño de 2021:
    • Publicación dos censos definitivos
  • 8 ao 11 de xuño de 2021:
    • Presentación de candidaturas
  • 15 de xuño de 2021:
    • Proclamación provisional de candidaturas
  • 16 ao 17 de xuño de 2021:
    • Reclamacións ás candidaturas provisionais
  • 18 de xuño de 2021:
    • Proclamación definitiva de candidaturas
  • 21 de xuño de 2021:
    • Campaña electoral
  • 22 de xuño de 2021:
    • Xornada de reflexión
  • 23 de xuño de 2021:
    • Votación en Xunta de Escola

As reclamacións debidamente argumentadas, e a presentación de candidaturas realizaranse na Área de Apoio a Centro e Departamentos e/ou no Negociado de Asuntos Xerais de cualquera das dúas sedes da EEI de 9.00 a 14.00 horas, ou ben por rexistro electrónico da Universidade de Vigo, presencial ou telematicamente, ou ben por e-mail aos seguintes enderezos: eei.asuntosxerais@uvigo.es ou eei.centro.departamentos@uvigo.es con copia a eei.secretario@uvigo.es.

Censos provisionais

Censos definitivos

Recibidas as reclamacións ao censo provisional, publícase o censo definitivo do Sector C estudantes e do D PAS. No relativo aos censos provisionais dos sectores A e B, non recibíndose ningunha reclamación, ditos censos provisionais pasan a ser definitivos.

Presentación de candidaturas

Para a presentación de candidaturas, débese de usar os seguintes formularios: impreso de candidatura Comisión Permanente e impreso de candidatura Xunta de Titulación

En caso de presentarse a ambas Comisións (Comisión Permanente e Xunta de Titulación) debe cubrir e entregar ambos os dous formularios.

O prazo de presentación de candidaturas, segundo o calendario electoral aprobado e publicado, comeza o próximo 8 de xuño e finaliza o venres 11 de xuño de 2021.

COMPOSICIÓN DA COMISIÓN PERMANENTE DA EEI

Segundo a normativa da EEI e da Universidade de Vigo, a composición da Comisión Permanente da EEI será a seguinte:

27 membros:

  • Director que a presidirá.
  • Secretario da Escola que o será tamén da propia Comisión Permanente.
  • 3 subdirectores designados polo Director segundo os temas a tratar.
  • 15 representantes do persoal docente e investigador, dos cales polo menos 12 serán profesores con vinculación permanente á Universidade.
  • 5 representantes do alumnado.
  • 2 representantes do persoal de administración e servizos.

Os representantes dos sector PDI, sector alumnado e sector PAS serán elixidos por votación en Xunta de Escola segundo a normativa en vigor.

COMPOSICIÓN DA XUNTA DE TITULACIÓN DA EEI

Segundo a normativa da EEI e da Universidade de Vigo, a composición da Xunta de Titulación da EEI será a seguinte:
31 membros:

  • Director que a presidirá.
  • Secretario da Escola que o será tamén da propia Xunta de Titulación.
  • 2 subdirectores designados polo Director segundo os temas a tratar.
  • 15 representantes do persoal docente e investigador, dos cales polo menos 12 serán profesores con vinculación permanente á Universidade de Vigo.
  • 9 representantes dos alumnos.
  • 3 representantes do persoal de administración e servizos.

Os representantes dos sector PDI, sector alumnado e sector PAS serán elixidos por votación en Xunta de Escola segundo a normativa en vigor.

 Proclamación provisional de candidaturas

Candidaturas provisionais Comisión Permanente

Candidaturas provisionais Xunta de Titulación

Proclamación definitiva de candidaturas

Candidaturas definitivas Comisión Permanente

Candidaturas definitivas Xunta de Titulación

Resultado definitivo das Eleccións a membros da Comisión Permanente e Xunta de Titulación da Escola de Enxeñería Industrial

Dado que non hai máis candidaturas que postos por cada sector, conclúese o proceso electoral e os candidatos da listaxe definitiva pasarán a ser nomeados MEMBROS ELECTOS da Comisión Permanente e da Xunta de Titulación da EEI na sesión da Xunta de Escola que se desenvolverá o vindeiro mércores 23 de xuño.