Nos últimos anos, a EEI ven abordando a implantación dun proxecto de virtualización. Este proxecto baséase na existencia de grandes equipos informáticos (supercomputadores) nos cales é posible levar a cabo a apertura de múltiples sesións.
A virtualización consiste en, a partir dun equipo físico de gran capacidade ou supercomputador e utilizando un software específico, crear múltiples sesións. Cada sesión defínese como unha máquina virtual que utiliza unha parte dos recursos do supercomputador e que contén todo o software que se utiliza no desenvolvemento da actividade docente, é dicir, cada máquina virtual compórtase como se fose un computador físico onde cada usuario pode traballar con todos os programas dispoñibles.