A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo é un centro público, cun marcado perfil tecnolóxico, coa misión de contribuír ao progreso e a innovación do tecido empresarial e as institucións, especialmente do N.O. peninsular, incorporando coñecemento de valor a través:
- Da formación integral de profesionais cualificados e comprometidos na transformación da sociedade,
- dunha investigación de calidade,
- e da transferencia dun coñecemento multidisciplinar.