Eleccións a delegados de clase

A Delegación de Alumnos da EEI, en colaboración coa dirección da escola, ten previsto realizar as eleccións a delegados de clase. Para non influír moito na docencia, as votacións faranse nos dez últimos minutos cada clase. Lémbrase que é indispensable que existan delegados de clase para mellorar o funcionamento do centro. Os delegados formarán parte da Xunta de alumnos da EEI.Agradécese a colaboración prestada polos delegados de clase durante o curso 2018/19.

Achégase o calendario detallado por grupo, a acta de escrutinio, o procedemento e outra información adicional.