Eleccións a delegados de clase

A Delegación de Alumnos da EEI en colaboración ca dirección da escola ten previsto realizar as eleccións a delegados de clase. Para non influír moito na docencia, as votacións faranse nos dez últimos minutos cada clase. Recórdase que é indispensable que existan delegados de clase para mellorar o funcionamento do centro. Os delegados de clase formarán parte da xunta de alumnos da Escola de Enxeñería IndustrialAchégase o calendario detallado por grupo, a acta de escrutinio e o procedemento.

Agradécese a colaboración prestada polos delegados de clase do curso 2017-18.

Documentos e enlaces