Charla Eva Cano, egresada da EEI no CERN

O próximo xoves 2 de novembro, ás 17:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus, terá lugar unha charla impartida pola relatora Eva Cano, egresada da EEI, onde cursou Estudos en Enxeñería Eléctrica, e que se atopa actualmente traballando como Project Manager no CERN, onde leva 5 anos tras rematar os estudos na nosa Escola.

Na charla trataranse os seguintes puntos:

  • Presentación do CERN.
  • Presentación do Departamento EN (Departamento de Enxeñería).
  • Funcións dun enxeñeiro de proxectos.
  • Exemplos dalgúns proxectos realizados dentro do Departamento de Enxeñería.
  • Futuro do CERN (presentación do proxecto FCC).
  • Tipos de programas para estudantes, recén graduados e profesionais aos que se pode aplicar.

Unha charla sobre as oportunidades nun centro de investigación de primeiro nivel. Coñece os proxectos e as oportunidades para o desenvolvemento dos/das enxeñeiros/as a través da experiencia dunha egresada da Escola. Unha gran oportunidade que pode ser do teu interese. Se queres participar, rexístrate na seguinte ligazón, https://forms.gle/VvCnfeZJ5beXUe6P8.