O Mestrado en Enxeñería da Automoción comeza as CHIA, unha serie de charlas-coloquio nas que se aborda temática de actualidade relacionada co sector da automoción, contando coa participación de persoas de relevancia no sector.
A primeira charla-coloquio será:
- Título: Novas formas de mobilidade e a fábrica do futuro.
- Relator: D. Ignacio Bueno, Director Xeral de PSA Vigo.
- Data: Xoves 28 de novembro ás 16:00 horas.
- Lugar: Aula de Grao Escola da EEI – Sede Campus.
Convidamos a participar na charla a todos os membros da comunidade universitaria interesados .
Como o número de prazas é limitado, pregámosvos que vos inscribades neste formulario.