Participantes:
Un grupo de estudantes do Máster de Enxeñería Industrial da EEI da Universidade de Vigo, formado por Iago Álvarez, Gelo Cubreiro, Alberto Goitia, e Carlos Guitián baixo a tutorización dos profesores: Camilo Carrillo / Itziar Goicoechea gaña o primeiro premio do Concurso EDP UNIVERSITY CHALLENGE 2018 co proxecto “SISTEMA DE CARGA DE BATERÍAS PORTÁTILES CON ENERXÍAS RENOVABLES”
O grupo da EEI conseguiu superar con éxito todas as fases e converteuse no gañador do primeiro premio na edición de 2018.
Concurso EDP:
O concurso está organizado pola compañía eléctrica EDP, principal operador de enerxía eléctrica de Portugal, e ten como obxectivo a elaboración dun proxecto nas áreas de enxeñería, estratexia e/ou márketing relacionado coas enerxías renovables.
O proxecto presentado polo equipo da EEI consiste na substitución dos grupos electrógenos, normalmente utilizados en eventos de exterior, por sistemas de baterías móbiles, que se cargarían en instalacións alimentadas con enerxías renovables.
Os grupos participantes no devandito concurso teñen que afrontar unha fase previa de selección e aqueles que a superen deben presentar o seu traballo ante os responsables do concurso.
O evento, que se celebrou en Madrid este xoves 18 de outubro, consta de dúas fases. Na primeira, os 15 grupos seleccionados (semifinalistas) presentan os seus proxectos. De éstos, califícanse 5 grupos. Na segunda fase, os finalistas volven expoñer os seus proxectos para optar aos tres primeiros premios do concurso.