Programa Talent Race CEAGA

  • Es estudante dos últimos cursos de grao/mestrado?
  • Estás preocupado polo teu futuro profesional?
  • Gustaríache traballar en empresas da Comunidade Galega?
  • Gustaríache coñecer empresas innovadoras e con proxección internacional?
  • Es unha persoa proactiva e que trata sempre de coñecer cal é o mellor camiño para acadar as súas metas?

Dende a Escola queremos axudarche con todos estes interrogantes e que poidas comezar a prepararte para tomar as mellores decisións de cara ao teu futuro, identificar as oportunidades e estar na mellor posición para poder aproveitalas.

Unha oportunidade que non podes deixar pasar é o programa Talent Race, participa e descubre todo o que este programa pode aportarche.

Soamente tes que ter ganas de descubrir empresas, que nos abren as súas portas para achegarte á realidade do mundo laboral, ás tendencias en tecnoloxías, procesos.., así coma aos retos aos que nos enfrontaremos no futuro. Ademais, se tamén queres pór a proba o teu talento, podes participar nos retos que propoñen as empresas que colaboran no programa.

O programa Talent Race é unha iniciativa impulsada por CEAGA, pioneira na nosa comunidade, que foi presentado na Escola e que che ofrece a posibilidade de coñecer as empresas dun sector punteiro a nivel nacional/internacional.

Na seguinte imaxe podes consultar a programación das próximas visitas

Se estás interesado en asistir a algunha contacta con:

ucc.digital@ceaga.com
630 354 686 (WhatsApp)

Aproveita esta oportunidade para enriquecerte coas experiencias de persoas que van contar cousas que non deixarán de sorprenderte. Non hai mellor forma de adquirir a túa propia experiencia que con inquietude e ganas de descubrir cousas novas e de escoitar ás persoas.

Consulta toda a información na ligazón: https://plataforma.ceaga.com/talento/talentrace24

Non che perdas este programa e participa!