Prácticas de verán en Nanogune

 O centro de investigación CIC nanoGUNE, especializado en nanociencia e nanotecnoloxía organiza, como cada ano, o programa de prácticas de verán. Este programa está dirixido a estudantes de grado de 3er y 4o curso de física, química, bioloxía e enxeñería. Os estudantes seleccionados poderán levar a cabo un proxecto nun grupo de investigación durante mes e medio a dous meses.

O prazo para facer a solicitude é ata o 17 de febreiro seguindo as instruccións da web. Os candidatos serán chamados para facer unha entrevista persoal a comezos de marzo e os seleccionados serán contactados no máis tarde do 18 de marzo.