Programas de Selos Internacionais de Calidade (SIC). Acreditación EUR-ACE

Dentro do seu Plan Estratéxico, nunha aposta clara pola calidade das súas titulacións, A Escola de Enxeñería Industrial levará a cabo en próximas datas o proceso de acreditación EUR-ACE, dentro do programa para a obtención dos selos Internacionais de Calidade (SIC) nas súas titulacións de grao en Electrónica Industrial e Automática, grao en en Enxeñería Mecánica e grao en Tecnoloxías Industriais.

Nunha segunda fase, prevista para o vindeiro curso 2019-2020, estenderase este programa de Selos Internacionais de Calidade ao resto das titulación de grao da rama industrial. Sen dúbida, este proceso suporá un importante paso na consolidación das súas titulacións e redundará na Calidade das nosas ensinanzas.