Tes unha nova cita con EDUGAL

Xa está en marcha o 12º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL). Poderás visitalo do 4 ao 6 de outubro de 2023, no Recinto Feiral de Pontevedra.

Esta celebración pretende posicionarse coma o salón educativo de referencia en Galicia, tratando de dar resposta ás necesidades de información sobre a oferta educativa e facilitar orientación educativa aos estudantes, centros profesionais de educación e familias, axudando aos estudantes a decidir eficazmente o seu futuro formativo e profesional.

Así, toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira, convertíndose nun punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores, pais e nais, responsables de centros educativos e profesionais da educación.

A través de distintas charlas, demostracións e obradoiros, os estudantes poderán valorar as distintas opcións formativas das que dispoñen e tomar a mellor decisión sobre a súa formación.

A Escola de Enxeñería Industrial non podía faltar a unha cita tan importante como a Feira EDUGAL.

A entrada é gratuíta e o horario de 10:00 a 18:00 horas (mércores e xoves) e de 10:00 a 15:00 horas (venres).

Podes consultar máis información no arquivo adxunto e na ligazón Feira Edugal.

Documentos e enlaces