Sorteo da Xunta Electoral
O luns 11 de decembro ás 11:00 horas na Sala de Xuntas da Sede Campus procedeuse ao sorteo público da Xunta Electoral para as eleccións de membros da Xunta de Escola da EEI.
Segundo o artigo 4 da “Normativa para a elección de membros das Xuntas de Centro” aprobada polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, na súa sesión de 11 de decembro de 2003 a Xunta Electoral está composta por:
a) O Director do centro, que a preside
b) O Secretario do centro, que actúa como secretario da mesma
c) Un membro do persoal docente e investigador, un membro do persoal de administración e servizos e un estudante, designados por sorteo público, así como os seus suplentes
Xunta Electoral
- O director: Juan E. Pardo Froján
- O secretario: Rafael Comesaña Piñeiro
- Persoal docente e investigador:
- Titular: Cameselle Fernández, Claudio
- Suplente 1: Dopazo Sánchez, José Alberto
- Suplente 2: López Veloso, Marcos
- Estudantes:
- Titular: Pereira Castro, Andrea
- Suplente 1: Sánchez Barreiro, Alexandre
- Suplente 2: Iglesias Valcárcel, Kevin
- Persoal de administración e servizos:
- Titular: Otero Camiña, José Luciano
- Suplente 1: Seoane Vieitez, Marta
- Suplente 2: Palanca González, Mercedes
Calendario Electoral
- 20 de decembro de 2017:
- Publicación do Calendario Electoral
- Publicación dos Censos Provisionais
- 21 de decembro de 2017 – 17 de xaneiro de 2018:
- Prazo de Reclamacións aos Censos Provisionais
- 18 de xaneiro de 2018:
- Publicación dos Censos Definitivos
- 19 – 25 de xaneiro de 2018:
- Presentación de Candidaturas
- 29 de xaneiro de 2018:
- Proclamación Provisional de Candidatos
- 30 de xaneiro -1 de febreiro de 2018:
- Plazo de Reclamación de Candidatos
- 2 de febreiro de 2018:
- Proclamación Definitiva de Candidatos
- Sorteo de Mesas Electorais
- 5 – 7 de febreiro de 2018:
- Campaña Electoral
- 8 de febreiro de 2018:
- Votacións (De 11.00 a 19.00 h)
- Sede Cidade: Paraninfo
- Sede Campus: Sala de Xuntas
- Votacións (De 11.00 a 19.00 h)
- 9 de febreiro de 2018:
- Proclamación Provisional de Candidatos Electos
- 14 – 16 de febreiro de 2018:
- Prazo de Reclamacións
- 20 de febreiro de 2018:
- Proclamación definitiva de Representantes Electos
As reclamacións debidamente argumentadas, e a presentación de candidaturas, realizaranse nos Negociados de Asuntos Xerais de calquera das dúas sedes, de 9:00 a 14:00 horas.
Censos provisionais
- Profesores sector A
- Profesores sector B
- Alumnos de Grao sector C
- Alumnos de Mestrado sector C
- Alumnos de Doutoramento sector C
- PAS sector D
Aquelas persoas que se encontren nos censos provisionais en dous sectores (PDI B ou alumnos de doutoramento) teñen que optar por un deles, no caso de non facelo prevalecerá o censo do sector “alumnos”. O prazo de reclamación aos censos provisionais remata o día 17 de xaneiro de 2018.
Censos definitivos
- Profesores sector A
- Profesores sector B
- Alumnos de Grao sector C
- Alumnos de Mestrado sector C
- Alumnos de Doutoramento sector C
- PAS sector D
Candidaturas
- Sector A
- 163 (Todo o profesorado con vinculación permanente e docencia maioritaria na Escola)
- Sector B
- 29 (Representación do persoal docente e investigador non funcionario)
- 23 (Dedicación a tempo completo)
- 6 (Dedicación a tempo parcial)
- 29 (Representación do persoal docente e investigador non funcionario)
- Sector C
- 96 (Representación dos estudantes)
- 80 (1º e 2º ciclo)
- 16 (3º ciclo)
- 96 (Representación dos estudantes)
- Sector D
- 32 (Representación do persoal de administración e servizos)
- Total 320 membros da Xunta de Escola
O prazo de presentación de candidaturas é do 19 ao 25 de xaneiro.
Formularios candidaturas
Proclamación provisional de candidaturas
- Candidaturas provisionais sector B
- Candidaturas provisionais sector C (Grao e Mestrado)
- Candidaturas provisionais sector C (Doutoramento)
- Candidaturas provisionais sector D
O prazo de reclamación de candidatos remata o día 1 de febreiro de 2018.
Proclamación definitiva de candidaturas
- Candidaturas definitivas sector B
- Candidaturas definitivas sector C (Grao e Mestrado)
- Candidaturas definitivas sector C (Doutoramento)
- Candidaturas definitivas sector D
Resultado definitivo das eleccións a Xunta de Escola
A Xunta Electoral, reunida en sesión ordinaria o día 2 de febreiro de 2018, acordou por asentimento concluír o proceso electoral nos sectores B, C e D e proclamar todas as candidaturas definitivas como representantes electos, e polo tanto que os representantes dos sectores B, C e D da Xunta de Escola da EEI sexan os que aparecen reflectidos na Acta desta sesión.
EEI XElec Eleccions XE 18-02-02 Acta