A Escola de Enxeñería Indusrial imparte graos que habilitan para o exercizo das profesións reguladas de enxeñería técnica. As profesións reguladas son aquelas para que o exercizo require cumprir unha condición especial que, xeralmente, é estar en posesión dun determinado título académico. Na actualidade, réxense polo Real Decreto 1837/2008.
O Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) determinou que as atribucións profesionais pódense adquidir coa titulación de grao (Enxeñeiros Técnicos) ou coa titulación de mestrado universitario (Enxeñeiros).
Incorporación de estudantes
Alumnos que superaron a proba de acceso á Universidade
A admisión (preinscrición) polo proceso convocado pola Comisión interuniversitaria de Galicia farase a través dos procedementos telemáticos establecidos. Para poder formalizar a matrícula en primeiro curso por primeira vez hai que ter concedida previamente a admisión.
Outros alumnos
O resto das admisións (por recoñecemento de ECTS, cursos ponte, adaptación dunha titulación oficial en proceso de extinción ao grao) farase segundo o procedemento indicado para cada caso na norma segunda da convocatoria de matrícula da Universidade de Vigo.
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
Graos
- Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais: 70 prazas = (50+20 dentro do Plan de Excelencia Ultreia)
- Grao en Enxeñería en Organización Industrial: 61 prazas
- Grao en Enxeñería Eléctrica: 50 prazas
- Grao en Enxeñería Mecánica: 105 prazas
- Grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática: 66 prazas
- Grao en Enxeñería en Química Industrial: 50 prazas
- Grao en Enxeñería en Biomédica: 36 prazas
- Grao en Enxeñería da Automoción con mención dual: 20 prazas
Programas Conxuntos de Estudos de Grao
- Dobre Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Enxeñería Mecánica: 10 prazas
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática: 6 prazas
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería Mecánica: 6 prazas
PARS (Programas Académicos con Percorridos Sucesivos)
- PARS en Mestrado en Enxeñaría Industrial vía Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais: 10 prazas
- PARS en Mestrado en Enxeñaría Biomédica vía Grao en Enxeñaría Biomédica : 8 prazas
Matrícula
O proceso de matrícula de todos os estudos pertencentes á Universidade de Vigo realízase vía telemática na aplicación xeral da Universidade (https://matricula.uvigo.es/)
Para máis información sobre o procedemento de matrícula, prazos, prezos,… consulta a web sobre a matrícula da Universidade de Vigo.
Se tes algunha dúbida contacta coa Área Académica da EEI.