Curso Cero

Trátase dun curso virtual de libre aceso deseñado para que poidas avaliar o nivel de coñecementos que se presupón que deberás ter antes de cursar calquera dos Graos en Enxeñería Industrial. O noso obxectivo é que os nosos graduados adquiran a mellor formación posible, para iso é necesario que os alumnos que ingresan na Escola teñan uns coñecementos mínimos en varias disciplinas técnicas.

O curso está estruturado en 4 módulos:

  • Matemáticas
  • Química
  • Física
  • Expresión Gráfica

Cada un destes módulos contén varios cuestionarios relacionados con distintas temáticas.

Recomendámosche que intentes realizalos para poder avaliar os teus coñecementos e repasar aqueles contidos nos que “vexas que estás máis frouxo”. Ten en conta que, en xeral, estes contidos non se impartirán posteriormente durante a carrreira, xa que se presupón que o alumno os ten adquiridos da súa etapa de bacharelato ou de formación profesional.

O curso é totalmente gratuito, pero para poder acceder debes rexistrarte cun enderezo electrónico válido. Se tes algún problema de acceso podes poñerte en contacto co personal de FaiTIC por email ou teléfono.

Curso Cero

Acceso ó Curso Cero