A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo imparte ensinanzas no ámbito da Enxeñería Industrial a través dunha oferta educativa versátil e actual dos seus diferentes graos. Dando resposta ás novas necesidades e demandas da sociedade, a Escola incorporou á súa oferta formativa o Grao en Enxeñería da Automoción con mención dual e o Grao en Enxeñería Biomédica.
Na Sede Cidade, impártense os seguintes Graos:
- Enxeñería en Química Industrial
- Enxeñería en Tecnoloxías Industriais
- Enxeñería Mecánica
- Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
Na Sede Campus, impártense os seguintes:
- Enxeñería en Organización Industrial
- Enxeñería Eléctrica
- Enxeñería Mecánica
- Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
- Enxeñería Biomédica