Grao en Enxeñería en Organización Industrial

240 Créditos
4 Cursos
61 Prazas
Presencial
EUR-ACE tec_01

Descrición do título

A formación do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial na Universidade de Vigo ten como obxecto dotar aos egresados dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propias da profesión, e capacitalos para organizar sistemas produtivos, melloralos e xestionar os recursos que ven implicados dentro das actividades industriais e de servizos de forma racional e sustentable. Unha das principais características do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, pola combinación dos contidos tecnolóxicos e de organización e xestión que nel se desenvolven, é a versatilidade para afrontar con éxito situacións moi diversas coas que se pode atopar o egresado ao longo da súa carreira profesional.

Nas sociedades desenvolvidas, as actividades relacionadas coa organización e a xestión dos recursos son un aspecto básico para a competitividade das empresas incidindo de forma moi importante na xeración de valor e, consecuentemente, na produtividade. Podería dicirse que o título de graduado en Enxeñaría en Organización Industrial ten como obxectivo xeral a formación de profesionais capaces de dar resposta ás necesidades reais da sociedade no ámbito da organización e a xestión de empresas que, no sentido máis amplo, abarca empresas institucionais, empresas de servizos e institucións en xeral, todo iso en harmonía con todos os axentes empresariais, económicos… cos que interactuar no exercicio da profesión dentro da sociedade.

Obxectivos

Xenéricos

  • Capacitar ao/á titulado/a para aquelas actividades relacionadas coa xestión de empresas de produción e servizos, así como institucións de distinta índole (tanto públicas coma privadas; administración pública, universidades, ONG, empresas consultoras etc.), en todas as súas áreas: calidade, compras, comercial, loxística, produción, procesos, produtos, custos, finanzas, mantemento, medio ambiente e sostibilidade, xestión da innovación, xestión de proxectos, recursos humanos etc.
  • Formar profesionais para as empresas do sector industrial e de servizos que requiren directivos cunha ampla formación técnica. A súa formación dual, como técnicos e como xestores, permítenlle ter unha visión global da empresa e o seu ámbito, imprescindible para mellorar os resultados en calquera sector.

Intensificación de produción e loxística

  • Planificar, programar e controlar as actividades relativas á xestión da produción nos ámbitos produtivos.
  • Xestionar as actividades relativas ao fluxo de materiais e de información que definen o fluxo loxístico das empresas.
  • Aplicar criterios para alcanzar solucións que empreguen os recursos do xeito máis racional e melloren os procesos desenvolvidos dentro das empresas.

Intensificación de xestión empresarial

  • Xestionar os recursos inherentes á actividade empresarial desenvolvida polas empresas.
  • Aplicar as mellores técnicas dispoñibles no ámbito da organización e a xestión de empresas.

Competencias da titulación

Os/as titulados/as no Grao en Enxeñería en Organización Industrial estarán capacitados/as para todas as actividades relacionadas coa xestión empresarial (en empresas industriais e de servizos) que requiran, ademais, coñecemento específicos no ámbito tecnolóxico.

O perfil profesional do enxeñeiro actual é dinámico e terá que desenvolver actividades moi diversas ao longo da súa vida profesional. Por este motivo é conveniente que dispoña dunha boa formación básica transversal. Os obxectivos formativos deben orientarse a desenvolver a adquisición de competencias aplicadas como son as de xestión ou outras habilidades prácticas que complementen unha boa formación teórica.

Pódense consultar neste apartado: Competencias Grao Organización Industrial.

Perfil de ingreso recomendado

O perfil de ingreso recomendado no referido a habilidades, capacidades e coñecementos previos será o do alumno que superase o bacharelato na rama tecnolóxica. Máis en concreto, considérase que son desexables as seguintes calidades dentro do alumnado:

  • Coñecementos básicos sobre matemáticas, física, química, expresión gráfica e informática
  • Capacidade plena para a lectura, reflexión e comunicación oral e escrita
  • Capacidade de análise de problemas para a súa resolución
  • Coñecementos dunha lingua estranxeira (preferentemente inglés)
  • Inquietude, curiosidade e iniciativa propia
  • Capacidade de traballo en grupo
  • Interese pola titulación e pola profesión para a que capacita

Saídas profesionais

  • Xestión da produción.
  • Mellora dos procesos.
  • Xestión de aprovisionamentos.
  • Xestión de almacéns e do transporte.
  • Xestión da calidade.
  • Xestión do mantemento.
  • Consultaría organizativa e técnica.
  • Mercadotecnia e a xestión comercial.
  • Xestión da innovación e da tecnoloxía.
  • Xestión dos recursos humanos.
  • Xestión financieira.