A Escola de Enxeñería Industrial da Universidad de Vigo integra as antigas Escolas Universitarias de Enxeñería Técnica Indutrial e Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais, e adícase á ensinanza no ámbito da Enxeñería Industrial a través dunha oferta educativa versátil e actual dos seus diferentes graos, mestrados e programas de doutoramento.
Estudos oficiais de grao da EEI (240 créditos ECTS)
- Enxeñería en Tecnoloxías Industriais (Incluído no Plan Excelencia do SUG)
- Enxeñería Eléctrica
- Enxeñería Mecánica
- Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática
- Enxeñería en Organización Industrial
- Enxeñería en Química Industrial
- Enxeñería Biomédica
- Enxeñería en Automoción con mención dual (Implantación para o curso 2024/25)
Dobres Graos
- Dobre Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática e Exeñería Mecánica (342 créditos ECTS)
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática (330 créditos ECTS)
- Dobre Grao en Enxeñería Biomédica e Enxeñería Mecánica (327 créditos ECTS)
PARS (Programas Académicos con Percorridos Sucesivos)
- PARS en Mestrado en Enxeñaría Industrial vía Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais (360 créditos ECTS)
- PARS en Mestrado en Enxeñaría Biomédica vía Grao en Enxeñaría Biomédica (360 créditos ECTS)
Mestrados Académicos
- Mestrado en Enxeñería Industrial (120 ECTS)
- Mestrado en Enxeñería Biomédica (120 ECTS)
Mestrados Galicia 2030
Mestrados especialistas (60 créditos ECTS)
A oferta educativa actual complétase con diferentes mestrados de carácter especialista interrelacionados co sector empresarial de Galicia:
- Mestrado en Dirección e Innovación da Cadea de Subministración
- Mestrado en Enxeñería da Automoción
- Mestrado en Industria 4.0
- Mestrado en Mecatrónica
- Mestrado en Prevención de Riscos Laborais
- Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade
Programas de doutoramento
A fase de investigación realízase a través dos programas de doutoramento, todos eles distinguidos coa “Mención hacia la Excelencia” polo Ministerio de Educación: