Doutoramento en Enxeñería Química

Información e contacto

Teléfono: (+ 34) 986 818 628
e-mail: eq_master@uvigo.es
http://eq-doutoramento.webs.uvigo.es/

O Doutoramento en Enxeñaría Química da Universidade de Vigo, substitúe ó programa de doutorado do mesmo nome impartido no Departamento de Enxeñaría Química, e vixente dende o bienio 1990-1992 ata o 2008-2010 (Mención de Calidade do MEC, ref.: MCD2008-00096, BOE 12/11/2008).

Mención cara a excelencia a programas de doutoramento:

Este programa de doutoramento obtivo unha valoración Favorable (94 puntos sobre 100) por parte da ANECA (Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación) na convocatoria 2011 (Orde EDU/3429/2010, de 28 de decembro, BOE de 04/01/2011).

A Tese do doutoramento pode realizarse en tres liñas de investigación:

  • Transferencia de materia e procesos de separación.
  • Biotecnoloxías con enfoque industrial e medioambiental.
  • Corrosión, tratamento de superficies e tecnoloxías electroquímicas.