International Project Semester (IPS), HTW Saar (Alemania)

Está aberto o prazo de solicitudes de participación no International Project Semester (IPS) organizado pola universidade HTW des Saarlandes, socia da UVigo e situada en Saarbrucken (Alemania).

Características do programa

O IPS é un programa de mobilidade para enxeñería que dura 18 semanas e combina unha estadía de 13 semanas nunha empresa da rexión do estado alemán de Sarre (4 días por semana) con docencia dunha asignatura técnica impartida na universidade (1 día por semana).
O IPS inclúe tamén cursos preparatorios de alemán, Project management/team building e Comunicación intercultural durante as semanas 1 a 3.

O IPS 22/23 comeza o 4/10/2022 e finaliza o 10/02/2023.

A data límite de presentación de solicitudes é o 18 de abril de 2022.

Para máis información podedes consultar o folleto adxunto, a web do IPS ou a presentación do programa.

Sesións informativas

Os xestores do IPS na HTW des Saarlandes organizan dúas sesións informativas remotas para presentar o programa en detalle e resolver as posibles dúbidas:

Mércores, 30 de marzo ás 12:00 h. Ligazón á sesión de Teams
Martes, 5 de abril ás 15:00 h. Ligazón á sesión de Teams

 Presentación de solicitudes

Os estudantes interesados en participar no IPS deben completar este formulario (DOCX, PDF e ODT) e remitilo por correo electrónico á subdirección de Relacións Internacionais da EEI antes do 18 de abril ás 12:00 h (hora peninsular española).

O formulario deberá enviarse desde un enderezo de correo electrónico do dominio @alumnos.uvigo.es.

Os formularios dos alumnos solicitantes enviaranse á HTW des Saarlandes a través da Oficina de Relacións Internacionais da UVigo.

A selección dos estudantes realizarase na universidade socia, quen comunicará por e-mail aos solicitantes a súa aceptación ou exclusión do IPS.

Posibilidades de apoio económico

O IPS é compatible cunha bolsa Erasmus-internships. Os estudantes interesados deberán presentar unha solicitude na convocatoria Erasmus-prácticas 22-23 que a UVigo publicará nas vindeiras semanas.
A carta de preaceptación que debe presentarse xunto ca solicitude ou no período de subsanación debe ser solicitada á HTW des Saarlandes.


Copyright: Doris Kollmann, director International Office, HTW Saar