Resolución provisional Erasmus-estudos curso 2022/23

No PDF adxunto pode consultarse a relación provisional de estudantes seleccionados para o programa Erasmus-estudos 22-23.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para presentar alegacións (ata o venres 1 de abril ás 23:59 h, hora peninsular española) segundo o procedemento indicado a continuación:
– As alegacións presentaranse mediante unha mensaxe de correo electrónico remitida á subdirección de RR.II. da EEI (eei.exteriores@uvigo.es)
– A mensaxe debe enviarse desde a conta de correo do dominio @alumnos.uvigo.es
– Como asunto da mensaxe indicarase «[Apelido 1] [Apelido 2] – Alegacións Erasmus-estudos 22-23»
– Dentro das 24 horas seguintes á recepción dunha mensaxe, enviarase un acuse de recibo desde o enderezo eei.exteriores@uvigo.es.

Tras o remate do prazo, revisarase o proceso de adxudicación de prazas para ter en conta as alegacións que procedan e reasignaranse as prazas de ser necesario. A relación definitiva de estudantes seleccionados publicarase na web da Escola e enviarase dita información á Oficina de Relacións Internacionais.

Exemplos de alegacións procedentes:
—subsanación de erros detectados nos datos persoais ou na puntuación
—solicitudes de cambio de cuatrimestre ou de área de estudos
—aportación de documentación faltante (p. ex. certificados de idiomas)