Acto celebración patrón EEI

O próximo xoves 17 de marzo terá lugar o acto académico de celebración do patrón da Escola de Enxeñería Industrial, no Paraninfo da Sede Cidade, a partir das 12:00 horas.

Dende a dirección da Escola, queremos convidarvos a participar neste acto e pregámosvos que fagades o rexistro no seguinte formulario para confirmar a asistencia e así poder garantir o correcto desenvolvemento do acto de acordo cos protocolos establecidos.

Pódese consultar todo o programa na seguinte ligazón.