Guías de axuda online

Co obxecto de mitigar o efecto da situación creada pola alerta sanitaria informámosche que, dentro do convenio da Escola con CIMWORKS, púxose en marcha unha iniciativa para facilitar o uso de SOLIDWORKS Educacional desde casa. Para iso, CIMWORKS pon a disposición unhas Guías de axuda online nas que se detallan todos os recursos dispoñibles (descargas de SOLIDWORKS, portal de contidos formativos online MySolidWorks, Blogues, Canle Youtube). Hai unha Guía para os Docentes e outra para os Estudantes: Guía SOLIDWORKS para Docentes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-docente/ Guía SOLIDWORKS para Estudantes: https://www.cimworks.es/solidworks-education-edition-guia-para-el-estudiante/ Para o acceso a estes recursos é necesario utilizar os números de licenza correspondentes á Universidade de Vigo. Para obter os códigos debes poñerche en …

Continuar lendo

Plan estudos Mestrado Enxeñería Industrial, procedencia Tecnoloxías Industriais

Plan de estudos do Mestrado en Enxeñería Industrial para os alumnos procedentes do Grao en Tecnoloxías Industriais cursado na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo Curso Cuad. Materia Mod. Tipo ECTS 1º 1º Estatística industrial aplicada á enxeñería OB OB 6 1º 1º Construción, urbanismo e infraestruturas TrIPC OB 3 1º 1º Máquinas hidráulicas TrTI OB 3 1º 1º Cálculo de máquinas TrTI OB 3 1º 1º Tecnoloxía térmica II TrTI OB 3 1º 1º Sistemas integrados de fabricación TrTI OB 3 1º 1º Deseño de sistemas electrónicos industriais TrTI OB 4.5 1º 1º Automatización e control industrial …

Continuar lendo

Plan estudos Mestrado Enxeñería Industrial, procedencia Graos Especialistas

Plan de estudos do Mestrado en Enxeñería Industrial para os alumnos procedentes dos Graos Especialistas cursados na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo: Procedencia Grao en Enxeñería Mecánica Procedencia Grao en Enxeñería Electrónica Industrial e Automática Procedencia Grao en Enxeñería Eléctrica Procedencia Grao en Química Industrial Procedencia Grao en Organización Industrial Procedencia: Enxeñería Mecánica Curso Cuad. Materia Mod. Tipo ECTS 1º 1º Instalacións e máquinas eléctricas ADP OB 6 1º 1º Ampliación de física ADP OB 6 1º 1º Métodos matemáticos na enxeñería industrial ADP OB 6 1º 1º Acondicionamento da sinal e sensores ADP OB 6 1º …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería da Enerxía da Universidade de Vigo

Os alumnos procedentes do Grao en Enxeñería da Enerxía da Universidade de Vigo deberán cursar con anterioridade, e para a súa admisión no Mestrado de Enxeñería Industrial, os seguintes complementos de formación: Expresión Gráfica: expresión gráfica (9 ECTS) Informática para a enxeñería (6 ECTS) Fundamentos de automática (6 ECTS) Tecnoloxía electrónica (6 ECTS) Fundamentos de organización de empresas (6 ECTS) Fundamentos de sistemas e tecnoloxías de fabricación (6 ECTS) Estes complementos deberán ser cursados nos grupos correspondentes ao Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais. Os alumnos do Mestrado en Enxeñería Industrial procedentes do Grao en Enxeñería da Enerxía da Universidade …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Universidade de A Coruña

Os alumnos procedentes do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Universidade de A Coruña deberán cursar con anterioridade, e para a súa admisión no Mestrado de Enxeñería Industrial, os seguintes complementos de formación: Electrotecnia Aplicada (6 ECTS) Deseño e Ensaio de Máquinas (6 ECTS) Enxeñería de Fabricación (6 ECTS) Sistemas eléctricos (6 ECTS) Control e automatización industrial (6 ECTS) Estes complementos deberán ser cursados nos grupos correspondentes ao Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais. Os alumnos do Mestrado en Enxeñería Industrial procedentes do Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais da Universidade de A Coruña deberán cursar o mesmo itinerario …

Continuar lendo

Docencia en inglés para o curso 2017/2018

Para o curso 2017/2018 a Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo ten previsto un programa de docencia en inglés. Este programa impartirase, tanto en Grao como en Mestrado, nos seguintes grupos: 1º curso: en tódolos Graos (grupo C), Sede Campus 2º curso: Grao en Enxeñería Mecánica (grupo 2º M1), Sede Campus 2º curso: Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais (grupo 2º T1), Sede Cidade 3º curso: Grao en Enxeñería Mecánica (grupo 3º M1), Sede Campus 3º curso: Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais (grupo 3º T1),  Sede Cidade 4º curso: en tódolos Graos (grupo X1), ambas Sedes 1º …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería Mecánica

240 Créditos 4 Cursos 110 Prazas Presencial Descrición do título A formación tradicional en Enxeñaría Mecánica oriéntase cara á adquisición de pericia na resolución de problemas específicos desta rama e cara á capacitación para adaptarse aos cambios tecnolóxicos cos que deberá enfrontarse durante a súa vida profesional (o cal involucra a capacidade de enfrontarse á resolución de novos problemas). Así, dita formación está fundamentada en coñecementos primordiais de ciencia e enxeñaría como son a Física, as Matemáticas, a Expresión Gráfica, a Estatística e a Química. Adicionalmente, a formación específica en Mecánica, Mecánica de Sólidos, Mecánica de Estruturas, Enxeñaría Térmica e Mecánica …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería en Electrónica Industrial e Automática

240 Créditos 4 Cursos 70 Prazas Presencial Descrición do título O interese da titulación vén determinado polas características das dúas materias básicas que a constitúen: Automática e Electrónica Industrial. Estas materias impulsaron un cambio importante na actividade económica debido á maior presenza da automatización e intelixencia en procesos e produtos, cada vez máis complexos, soportándose na informática e as comunicacións. Hoxe en día non se pode concibir unha liña de produción sen un elevado grao de automatización e unha xestión da información, informatizada e integrada en varios niveis. Doutra banda, a humanidade está a asistir á extinción dos combustibles fósiles e …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería en Química Industrial

240 Créditos 4 Cursos 50 Prazas Presencial   Descrición do título O Grao en Enxeñaría en Química Industrial proporciona unha formación asentada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias deste ámbito. Os graduados en Enxeñaría en Química Industrial ocúpanse do deseño, mantemento e operación de equipos de proceso químico, polo que estudan o control e instrumentación dos procesos químicos, experimentan sobre substancias orgánicas e inorgánicas, transmisión de calor, transferencia de materia, fluxo de fluídos e enxeñaría da reacción química. Así mesmo, estudan o aproveitamento de materias primas, química de produtos naturais, analizan os procesos de fabricación, a contaminación ambiental e …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería Biomédica

240 Créditos 4 Cursos 44 Prazas Presencial Descrición do título A Enxeñería Biomédica é unha nova rama da enxeñería que se centra na aplicación dos principios, técnicas e métodos da enxeñería ao campo da medicina. Trátase por tanto, dunha titulación interdisciplinaria relativamente nova na que as técnicas da enxeñería industrial (enxeñería mecánica, enxeñería electrónica e automática, enxeñería química, enxeñería de organización,…) da enxeñería informática e da enxeñería de telecomunicacións aplícanse para a análise e resolución de problemas relacionados coa medicina do século XXI. O Grao en Enxeñería Biomédica proporciona unha formación xeral en todos estes temas e permite, ademais, unha intensificación …

Continuar lendo