Co obxecto de dar cumprimento aos requisitos establecidos nos Sistemas de Garantía de Calidade e, ao mismo tempo e máis primordial, dar resposta aos importantes retos do momento e dos próximos anos, a Escola de Enxeñería Industrial iniciou un proceso de reflexión e análise co obxectivo de identificar os principais retos e desafíos que deberá afrontar de cara ao futuro e así poder establecer as liñas maestras para determinar o mellor posicionamento estratéxico que nos permita ser unha Escola de referencia e prestixio a nivel nacional e internacional.
Grupo de traballo
Para levar a cabo este proceso, a EEI constitúe un grupo de traballo específico e márcase como horizonte, para unha primeira fase do mesmo, o final do curso 2022-2023. Sinalar que tanto o grupo de traballo como o calendario de fitos foron presentados e aprobados na Comisión Permanente da EEI, na súa sesión celebrada o 12 de decembro de 2022. Así mesmo, para o proceso de reflexión estratéxica a Escola contou co acompañamento dunha empresa externa, Elixe plus – Elixe data, con ampla experiencia no ámbito da Planificación Estratéxica e na elaboración de cadros de mando.
Este equipo de traballo está formado por 18 persoas:
Presidente + Secretario+ Subdirector +10 Representantes das Áreas da Rama Industrial + 2 representantes de Áreas da Formación Básica + 2 Estudantes + 1 PAS (Administradora)
- Presidente: Juan E. Pardo Froján
- Secretario: Pablo Izquierdo Belmonte
- Subdirector: Celso Fernández Silva
- Representantes das áreas:
- María Inmaculada Fenollera Bolívar
- Bernardino Novo Ramos
- Pablo Eguía Oller
- Marcos Conde Fontenla
- Ramón Novoa Rodríguez
- Mª Consuelo Pérez Vázquez
- José Carlos Caamaño Martínez
- José A. Comesaña Benavides
- Julio Garrido Campos
- Alejandro Gómez Yepes
- José Ramón Fernández Bernárdez
- Fernando Lusquiños Rodríguez
- PAS: Ana Mª Cacheiro Seguín
- Estudantes:
- Alfonso Castro Rodríguez (Estudante de Grao)
- Marcos Pardeiro Álvarez (Estudante de Mestrado)
No que se refire ao persoal externo contouse coa participación, a través dun proceso de escoita, de diferentes grupos de interese (egresados, representantes do sector empresarial, representantes dos Colexios Oficiais de Enxeñeiros…)
Desenvolvemento do plan estratéxico
1ª fase: Recopilación da información
Para poder desenvolver este proceso de forma satisfactoria requírese escoitar activa e atentamente aos axentes principais relacionados coa Escola para poder recoller toda a información relevante que nos permita mellorar e fortalecer á EEI, sempre co obxectivo de acadar o mellor posicionamento estratéxico.
Por este motivo, dentro da primeira fase do proxecto, deseñouse un cuestionario, que estará aberto ata o 28 de febreiro, e que che animamos a cubrir. Estamos seguros de que nos axudará a coñecer que esperan os diferentes axentes da Escola, en que debemos enfocarnos para definir os eixos estratéxicos… En definitiva, información de alto valor para o éxito deste proceso de formulación estratéxica.
Pola importancia deste proceso, sendo a EEI unha institución pública de educación superior, é importante contar coa colaboración do maior número de persoas e así ter unha visión ampla que trate de integrar a todas as persoas e facer da EEI un espazo que sexa un piar que actúe de panca na construción dunha sociedade máis desenvolvida e sostible.
2ª fase: Análise da información recollida e elaboración dunha proposta
Tras a primeira fase de recollida de información, continuarase co proceso de escoita activa aos distintos colectivos de interese a través de diferentes entrevistas e reunións.
Asimesmo, levarase a cabo un proceso de benchmarking con outras escolas de referencia para identificar oportunidades de mellora.
Unha vez finalizado este amplo proceso de recollida de información, procederase por parte do equipo do traballo á análise e síntese da mesma para a elaboración dunha proposta en común.
3ª fase: Aprobación polos órganos da Escola
Os resultados e as conclusións do grupo de traballo serán presentados nos órganos da Escola (Comisión de Garantía de Calidade/Comisión permanente e Xunta de Escola) para sometelos á súa aprobación, á espera que estes permitan definir un posicionamento estratéxico que fortaleza á EEI.
A aprobación desta proposta debería producirse antes da finalización do curso 2022/2023.
Así, unha vez completadas todas as fases, a Xunta de Escola, na sesión celebrada o 19 de xullo de 2023, aprobou o documento de traballo onde se define o marco estratéxico para o período 2024/2030 e que podes consultar na seguinte ligazón: Plan Director EEI 24-30.