O próximo mércores 22 de maio de 2024 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo (sede Campus) o XXX Seminario de Loxística, Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo.
A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.
O obxectivo deste evento, que se realiza cunha periodicidade anual, é servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas tendencias nesta área e ofrecer experiencias prácticas da súa implantación, todo isto a través das intervencións de prestixiosos profesionais.
A asistencia ao seminario é gratuíta. A reserva de prazas pode realizarse na páxina web do Grupo GIO ou pinchando na seguinte ligazón: formulario inscrición.
O programa deste ano será o seguinte:
- 9:50 horas. Inauguración por parte de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e D. J. Carlos Prado, Director do Seminario.
- 10:00 horas. Planificación integrada da cadea de subministración. Aplicación a unha empresa industrial global.
- Miguel J. Calero Ferreiro, Sr. Manager – Supply Chain & Operations en EY.
- 11:00 horas. Caso práctico de implantación de metodoloxía Lean nun Centro Especial de Emprego: Planta de Envases Lixeiros de Cogersa.
- Brais Gómez-Reino Martínez, Director de planta industrial en Valtalia.
- 12:00 horas. Pausa café.
- 12:30 horas. Reorganización da función de loxística interna nunha fábrica de alimentación.
- Esther Fernández Casais, Responsable de produción en Calvo/Nauterra.
- Juan Redondo Puga, Coordinador de loxística interna en Calvo/Nauterra.
- 13:30 horas. Implantación de MES na industria pesqueira e integración coa mellora continua.
- Gustavo del Río López-Corona, Responsable de produción en Iberconsa Seafood Processing.
- 14:30 horas. Xantar para os asistentes que o desexen en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe 10 € por persoa. (Posibilidad de apuntarse no formulario de inscrición).
Desexamos que esta nova edición do Seminario sexa do voso interese e poder contar coa vosa presenza. Vémonos en Vigo!