XORNADA Elas Fan CienTec 2024

O 8 de febreiro recibiremos a un grupo de máis de 50 alumnas do IES Alexandre Bóveda nunha nova xornada de Elas Fan CienTec.     Elas Fan CienTec é un programa de seminarios para alumnas de secundaria enmarcado dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de dar a coñecer a ciencia que se está levando a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no campo da I+D.   O programa previsto para esta xornada é o seguinte:   9:30-10:00 horas: Benvida e distribución obradoiros. Aula de Grao 10:00 – 11:00 …

Continue Reading

Exposición mulleres enxeñeiras de éxito

1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.     A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, presentan unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a figura da muller enxeñeira e fomentar as disciplinas STEM entre as nenas a través dunha exposición itinerante.   A presentación terá lugar o día 1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.   A exposición farase durante todo o mes de febreiro na …

Continue Reading

Charla automoción: Leading in a changing world. D. Carlos Castaño – Vpdte Enxeñería Global – BorgWarner

Venres 12 de xaneiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.     O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción que ven celebrando dende 2019.   Será impartida por D. Carlos Castaño, Vicepresidente de Enxeñería Global en BorgWarner, que nos falará de como adaptarse e liderar o sector da automoción nun momento de grandes cambios.   Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.

Continue Reading

Xornada biomédica: Situación actual e tendencias no campo biomédico

Xoves 14 de decembro, ás 11:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus.     Esta xornada xirará en torno á situación actual e o importante papel que ten nas sociedades modernas a Enxeñería Biomédica. Tamén se falará das saídas profesionais neste eido tendo en conta as tendencias que se albiscan nos próximos anos.   Será impartida por D. José Manuel Blanco Rey, Account Executive Zona Norte na empresa Siemens Healthineers, quen contará a súa experiencia neste campo a través da súa dilatada carreira profesional no ámbito hospitalario e da Enxeñería Biomédica.   Para …

Continue Reading

V edición MEI DAY

O papel e os retos da Enxeñería Industrial a través de proxectos e experiencias de egresados/as da EEI     Este ano voltamos celebrar unha nova edición do MEI Day. A xornada terá lugar o xoves 14 de decembro ás 18:00 horas no salón de actos da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. Para poder participar é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.   O programa que se está a preparar para esta nova edición do MEI Day pretende amosar o importante papel dos/das enxeñeiros/as a través da súa experiencia ao longo da súa traxectoria e dos proxectos …

Continue Reading

XXVII Xornadas de Orientación Universitaria

Feira de Universidades e Estudos Superiores     O próximo mércores 22 de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, terá lugar no Colexio ‘Residencia Los Sauces’ (Pontevedra), a Feira de Universidades e Estudios Superiores na que, un ano máis, participará a nosa Escola.   Esta feira celébrase no marco das XXVII Xornadas de Orientación Universitaria, organizadas anualmente polo centro ‘Los Sauces’, e que teñen como obxectivo informar de maneira personalizada sobre as distintas opcións educativas ao alumnado.   Podes consultar toda a información no díptico da xornada.

Continue Reading

Charla Eva Cano, egresada da EEI no CERN

Xoves 2 de novembro ás 17:00 horas, na Aula de Grao da EEI – Sede Campus.     Será impartida pola relatora Eva Cano, egresada da EEI, onde cursou Estudos en Enxeñería Eléctrica, e que se atopa actualmente traballando como Project Manager no CERN, onde leva 5 anos tras rematar os estudos na nosa Escola.   Unha charla sobre as oportunidades nun centro de investigación de primeiro nivel. Coñece os proxectos e as oportunidades para o desenvolvemento dos/das enxeñeiros/as a través da experiencia dunha egresada da Escola. Unha gran oportunidade que pode ser do teu interese. Se queres participar, rexístrate …

Continue Reading

Visita do equipo de acreditación do ABET

Renovación da acreditación ABET do Mestrado en Enxeñería Industrial     O Mestrado en Enxeñería Industrial da nosa Escola iniciou o procedemento para a renovación da acreditación ABET, que culminará neste mes de outubro coa visita que nos fará do 22 ao 24 unha representación desta organización.   ABET é unha organización sen ánimo de lucro, formada por asociacións profesionais e técnicas, acreditadora de estudos universitarios no ámbito das ciencias aplicadas, a informática, a enxeñería e a tecnoloxía. Está considerada como a máis importante en todo o mundo en enxeñerías e supón a garantía de que os estudos en cuestión …

Continue Reading

12º Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia (EDUGAL)

Tes unha cita con Edugal do 04 ao 06 de outubro no Recinto Feiral de Pontevedra.     A Escola de Enxeñería Industrial voltará estar presente na cita máis importante do ano en educación e formación. Punto de encontro de estudantes, profesores, orientadores e responsables de centros educativos e profesionais da educación.   Toda a información sobre formación e orientación educativa en Galicia estará presente na feira. Ademais dos  expositores haberá obradoiros, xornadas técnicas e actividades paralelas durante os tres días da feira.   Un evento que axuda aos estudantes a decidir eficazmente sobre o seu futuro formativo e profesional. …

Continue Reading