O mércores 16 de outubro ás 17:30 horas, no Paraninfo da EEI – Sede Cidade, terá lugar unha nova edición da Xornada das Profesións, organizada polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo e o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, xunto coa Escola de Enxeñería Industrial. Para participar é necesario inscribirse no seguinte formulario. Esta xornada vai dirixida a alumnos da Escola de Enxeñería Industrial recentemente titulados ou nos últimos cursos. Ao longo desta xornada desenvolveranse pequenas charlas por parte de relatores de distintos eidos (administración pública, empresa, docencia…) que …
Continue Reading
O próximo mércores 22 de maio de 2024 terá lugar na Escola de Enxeñería Industrial de Vigo (sede Campus) o XXX Seminario de Loxística, Organizado polo Grupo de Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo. A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. O obxectivo deste evento, que se realiza cunha periodicidade anual, é servir de punto de encontro para todos aqueles profesionais relacionados coa área loxística, tendo como obxectivo presentar as últimas …
Continue Reading
High Tech Auto – Bouzas Dende o Mestrado en Enxeñería da Automoción organizamos unha nova charla-coloquio. Nesta ocasión, desprazarémonos ata o High Tech Auto, na área Portuaria de Bouzas. O programa será o seguinte: 16:00 – 16:40 horas. Presentación de High Tech Auto e visita ás súas instalacións. Exercerá de anfitrión Heiko Unzalu, responsable da HTA no consorico da Zona Franca de Vigo. 16:40 – 17:40 horas. Charla impartida por Pablo Penedo Sienes (Aerodynamicist en Alpine F1 Team – Oxford), baixo o título “Afinando aleróns para a F1”. Terá lugar nas propias instalacións de HTA. …
Continue Reading
16:30 horas no Hospital Álvaro Cunqueiro. Bloque técnico. Planta 2. Vela D. O obxectivo principal desta xornada é que o alumnado sexa capaz de acceder e, na medida do posible, conseguir o texto completo das principais referencias bibliográficas que poidan ser de interese para un estudo ou unha investigación. Terá unha duración de 2 horas e será impartida por Dª. Yolanda Sanmartín Reinoso, Bibliotecaria Documentalista na Área sanitaria de Vigo, e moderada polo Dr. José María Pego Reigosa, do Servizo de Reumatoloxía da Área sanitaria de Vigo e coordinador do Grupo de Investigación IRIDIS (Investigation in Rheumatology …
Continue Reading
Auditorio de Congresos Mar de Vigo. O Acto de Graduación do alumnado da EEI de todas as titulacións de grao e dos Mestrados en Enxeñería Industrial, Enxeñería Biomédica e Fabricación Aditiva terá lugar o luns 10 de xuño de 2024 no Auditorio de Congresos Mar de Vigo. O programa previsto é o seguinte: 16:00 a 16:30 horas: Fotografías no exterior do auditorio. Fotos con familias, grupos… 16:30 horas: Entrada auditorio estudantes. 17:00 horas: Entrada auditorio familiares. 17:45 horas: Recepción a autoridades. 18:00 horas: Comezo do acto. 20:00 horas: Fin do acto. Podes consultar máis …
Continue Reading
Nova edición do Concurso de Robots da EEI con novas probas, novos retos e ilusións. A 7ª Competición de robots da EEI terá lugar o venres 19 de abril na EEI – Sede Campus, a partir das 10:30 horas. Unha oportunidade para aprender, na que os equipos participantes poderán familiarizarse co mundo da robótica participando na montaxe e programación dun robot móbil, partindo do kit básico establecido pola organización. Esperámoste o 19 de abril! Podes consultar máis información na seguinte ligazón.
Continue Reading
O martes 19 de marzo, a partir das 13:00 horas, terá lugar na EEI o lanzamento dun programa de talento posto en marcha polo Clúster de Automoción de Galicia. O obxectivo deste programa é achegar o talento das universidades ás empresas de automoción e mobilidade de Galicia. Se es estudante do último ano de grao ou mestrado, non deixes escapar esta oportunidade e amosa o teu talento! Terás grandes vantaxes e a posibilidade de gañar importantes premios. Achégate o próximo 19 de marzo á presentación que terá lugar no salón de actos da EEI-Sede campus e …
Continue Reading
O xoves 21 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial. Para asistir é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 18 de marzo a través do QR ou na ligazón: https://forms.gle/ndWg56buNQ6Q3du59 O programa do acto podes consultalo na seguinte ligazón: Programa acto académico patrón EEI.
Continue Reading
Do 5 ao 7 de marzo terá lugar unha nova edición deste Foro.
Continue Reading
Venres 23 de febreiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial – Sede Campus. O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción. Será impartida por D. Juan Antonio Muñoz Codina, Director Industrial Stellantis Península Ibérica, que nos falará do proceso de transformación do automóbil. Juan Antonio Muñoz formouse como enxeñeiro na nosa Escola e ocupou ao longo de toda a súa carreira en Stellantis importantes postos directivos. Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.
Continue Reading