Grao en Enxeñería en Química Industrial

240 Créditos 4 Cursos 50 Prazas Presencial   Descrición do título O Grao en Enxeñaría en Química Industrial proporciona unha formación asentada nas bases teóricas e nas tecnoloxías propias deste ámbito. Os graduados en Enxeñaría en Química Industrial ocúpanse do deseño, mantemento e operación de equipos de proceso químico, polo que estudan o control e instrumentación dos procesos químicos, experimentan sobre substancias orgánicas e inorgánicas, transmisión de calor, transferencia de materia, fluxo de fluídos e enxeñaría da reacción química. Así mesmo, estudan o aproveitamento de materias primas, química de produtos naturais, analizan os procesos de fabricación, a contaminación ambiental e …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería Biomédica

240 Créditos 4 Cursos 36 Prazas Presencial Descrición do título A Enxeñería Biomédica é unha nova rama da enxeñería que se centra na aplicación dos principios, técnicas e métodos da enxeñería ao campo da medicina. Trátase por tanto, dunha titulación interdisciplinaria relativamente nova na que as técnicas da enxeñería industrial (enxeñería mecánica, enxeñería electrónica e automática, enxeñería química, enxeñería de organización,…) da enxeñería informática e da enxeñería de telecomunicacións aplícanse para a análise e resolución de problemas relacionados coa medicina do século XXI. O Grao en Enxeñería Biomédica proporciona unha formación xeral en todos estes temas e permite, ademais, unha intensificación …

Continuar lendo

Mestrado en Enerxía e Sustentabilidade

Secretaría do Mestrado Tel: (+34) 986 813 912 e-mail: mes@uvigo.es Máis información O programa de ENERXÍA e SUSTENTABILIDADE é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e/ou profesional do alumnado como especialistas en enerxía sustentable na industria. O concepto de crecemento sustentable obriga a compatibilizar o desenvolvemento da economía coa calidade ambiental, facéndonos plenamente conscientes de que cando producimos xeramos residuos e efectos ambientais adversos, ademais de bens e servizos. Facer o desenvolvemento sustentable implica desenvolver e aplicar novas tecnoloxías menos intensivas en recursos, novos materiais, novas fontes enerxéticas, …

Continuar lendo

Mestrado en Enxeñería da Automoción

Secretaría do Mestrado Tel: (+34) 986 814 066 e-mail: masterautom@uvigo.es http://webs.uvigo.es/masterautom/ Este Mestrado oficial é unha iniciativa organizada conxuntamente pola Universidade de Vigo,  o Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Grupo PSA Vigo. O sector de automoción é un dos principais motores da economía. Galicia é unha das primeiras rexións españolas e europeas en canto a actividade neste sector. Na área Metropolitana de Vigo coexisten un importante centro produtivo, un Centro Tecnolóxico e o Clúster de Empresas de Automoción, ademais dunha gran variedade de empresas de compoñentes e sistemas …

Continuar lendo

Mestrado en Mecatrónica

Secretaría do Mestrado e-mail: master.mecatronica@uvigo.es http://mecatronica.uvigo.es A Mecatrónica é unha rama da enxeñaría que se caracteriza por “a integración sinérgica da enxeñaría mecánica coa electrónica e o control intelixente por computador no deseño e fabricación de equipos e procesos industriais”. Mecatrónica debe considerarse sinónimo de integración: a fusión de mecánica, electrónica, control e computadores -por citar as disciplinas máis relevantes- só pode alcanzar a funcionalidade desexada a través dun proceso de integración sistémica de todas elas. Baixo este paraugas xeral identificanse 10 descriptores específicos: Modelado e deseño Integración de sistemas Sensores e actuadores Control intelixente Robótica Control do movemento Control …

Continuar lendo

Mestrado en Prevención de Riscos Laborais

Secretaría do Mestrado Teléfono: (+34) 986 818 627 e-mail: sec-prl@uvigo.es http://www.masterprl.es/ O programa de Prevención de Riscos é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nos ensinos técnicos, que ten como obxectivo a formación académica e profesional do alumnado como especialistas en prevención de riscos laborais. Dada a escasa implantación da perspectiva dos ensinos sobre seguridade e prevención nas enxeñarías españolas, o máster pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías da análise tanto de seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo pertencentes a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais. Trátase dun Máster …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais

240 Créditos 4 Cursos 70 Prazas Presencial Descrición do título O grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais proporciona unha formación multidisciplinar cunha sólida base de habilidades e coñecementos científico-tecnolóxicos. Esta formación facilita o acceso e a superación de estudos de Mestrado, en particular, o Mestrado en Enxeñería Industrial que, xunto con este grado, configura un programa integrado de estudos que habilita para a profesión de Enxeñeiro Industrial. Proporciona unha base científica e tecnolóxica multidisciplinar, con formación xeneralista sólida e integradora en todas as ramas da enxeñería: mecánica, eléctrica, enerxética, electrónica, automática, de construción e instalacións, de materiais, química, de deseño, medio …

Continuar lendo

Mestrado en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica

Secretaría do Mestrado Tel: (+34) 986 812 602 e-mail: mastercadcam@uvigo.es http://webs.uvigo.es/mastercadcam/      A formación e especialización dos recursos humanos en perfís profesionais con demanda actual e de futuro, parece unha estratexia crave de face a tratar de manter a competitividade das empresas manufactureras sobre todo en sectores que padecen a crise de forma máis acentuada como o metal-mecánico. Unha destas posibles estratexias pódese basear na integración dos procesos de Deseño e Fabricación. A Tecnoloxía asistida por computador que dá soporte a esta estratexia, o CAD/CAM, constitúe unha disciplina recoñecida, que forma parte da formación dos enxeñeiros en tecnoloxías industriais …

Continuar lendo

Grao en Enxeñería en Organización Industrial

240 Créditos 4 Cursos 61 Prazas Presencial Descrición do título A formación do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial na Universidade de Vigo ten como obxecto dotar aos egresados dos coñecementos, técnicas, habilidades e actitudes propias da profesión, e capacitalos para organizar sistemas produtivos, melloralos e xestionar os recursos que ven implicados dentro das actividades industriais e de servizos de forma racional e sustentable. Unha das principais características do Grao en Enxeñaría en Organización Industrial, pola combinación dos contidos tecnolóxicos e de organización e xestión que nel se desenvolven, é a versatilidade para afrontar con éxito situacións moi diversas coas …

Continuar lendo

Mestrado en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións

Secretaría do Mestrado Unidade de Posgrao da EEI Tel: ( 34) 986 818 627 sec_master_construccion@uvigo.es O mestrado universitario en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións é un título oficial de mestrado, cun plano de estudos que obtivo a verificación por parte do Consello de Universidades, previo informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA). Dito plano de estudos pode consultarse no seguiente enlace. En anteriores edicións a súa denominación foi Mestrado Universitario en Enxeñería da Construción e anteiormente Mestrado Universitario en  Enxeñería da Edificación e Construcións Industriais. O mestrado ten un carácter eminentemente práctico, estando …

Continuar lendo