Escola de Enxeñería Industrial

Slide
Slide

NOTICIAS

23 Xul 2026
Solicitude cambio grupo 1º curso – 2026/2027 Posted in: Alumnado62 -
Ata o luns 27 de xullo ás 14:00 horas. +
22 Xul 2026
Publicadas as listaxes definitivas de admisión aos mestrados académicos e Galicia 2030 Posted in: Estudos61 -
Matrícula do 23 ao 27 de xullo de 2026. +
22 Xul 2026
Publicadas as listaxes definitivas de admisión aos mestrados especialistas Posted in: Estudos61 -
Matrícula do 23 ao 27 de xullo de 2026. +
02 Xul 2026
Alumnado novo ingreso Posted in: Estudos61 -
Todo o que precisas para realizar a túa primeira matrícula na EEI - curso 2026/27 +
01 Xul 2026
Preinscrición matrícula materias optativas xerais Posted in: Alumnado62 -
Prazo do 1 de xullo ao 17 de agosto +
22 Xuñ 2026
Publicadas as listaxes provisorias de admisión aos mestrados académicos e Galicia 2030 Posted in: Estudos61 -
Reclamacións do 17 ao 19 de xullo de 2026. +
22 Xuñ 2026
1º prazo preinscrición Mestrados Especialistas – curso 2026/27 Posted in: Estudos61 -
Do 22 de xuño ao 6 de xullo de 2026 +
22 Xuñ 2026
1º prazo preinscrición Mestrados Académicos e Galicia 2030 – curso 2026/27 Posted in: Estudos61 -
Do 22 de xuño ao 6 de xullo de 2026 +
21 Xuñ 2026
Publicadas as listaxes provisorias de admisión aos mestrados especialistas Posted in: Estudos61 -
Reclamacións do 17 ao 19 de xullo de 2026. +

AXENDA

Ven
03
Xul
2026
17:00EEI - Sede Campus

Meses de traballo, innovación e perseveranza culminan na presentación do novo monopraza de UVigo Motorsport

 

O próximo venres 3 de xullo a partir das 15:00 horas, terá lugar no salón de actos da EEI – Sede Campus a presentación do novo vehículo desenvolvido por UVigo Motorsport, o equipo de Fórmula Student da Universidade de Vigo.

 

UVigo Motorsport é o único equipo de Fórmula Student de Galicia. Creado no ano 2014 por un grupo de estudantes da Escola de Enxeñería Industrial, está integramente formado por alumnado da Universidade de Vigo e ten como obxectivo deseñar, fabricar e poñer a proba un vehículo monopraza de competición para participar na Fórmula Student, a competición interuniversitaria de enxeñería do automóbil máis prestixiosa do mundo.

 

A presentación deste ano ten, ademais, un significado especial. Hai uns meses, un incendio no taller no que traballaba o equipo provocou importantes danos e obrigou a afrontar un importante contratempo no desenvolvemento do proxecto. Grazas ao esforzo, á dedicación e á capacidade de adaptación dos seus integrantes, así como ao apoio recibido por parte da Universidade de Vigo e do Cintecx, que lles facilitaron un novo espazo para continuar co seu traballo, UVigo Motorsport conseguiu superar esta dificultade e completar o deseño do novo vehículo, un logro que pon de manifesto tanto a resiliencia do equipo como o compromiso da comunidade universitaria co proxecto.

 

Durante o acto darase a coñecer este novo monopraza, co que os estudantes afrontarán unha nova tempada de competicións internacionais co obxectivo de seguir mellorando os resultados acadados en edicións anteriores.

 

Co novo vehículo, o equipo participará nas seguintes probas internacionais:

 

  • Formula Student Austria, do 26 ao 30 de xullo no Red Bull Ring.
  • Formula Student Spain, que se disputará no Circuit de Barcelona-Cataluña (Montmeló) entre o 1 e 7 de agosto.

 

Non perdas a oportunidade de coñecer de primeira man o novo monopraza de UVigo Motorsport e descubrir o traballo, o talento e a capacidade de superación do alumnado que fai posible este proxecto de enxeñería.

Xov
18
Xuñ
2026
10:00EEI - Sede Campus

Un encontro para coñecer experiencias inspiradoras e novas oportunidades na carreira investigadora.

 
 

A Escola de Enxeñaría Industrial (EEI) e CINTECX organizan o vindeiro 18 de xuño a xornada "Claves para a Carreira Investigadora: Divulgación Científica e Perspectiva de Xénero en Enxeñaría", unha actividade enmarcada no Programa Mentoring de CINTECX e na conmemoración do Día Internacional da Muller na Enxeñaría (23 de xuño).

 

Terá lugar na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

 

O encontro está dirixido ao persoal investigador predoutoral, persoas doutoradas recentemente, así como ao alumnado de TFG e TFM interesado en coñecer mellor os retos e oportunidades da carreira investigadora.

 

Ao longo da xornada abordaranse cuestións de especial relevancia para o desenvolvemento profesional do persoal investigador, entre elas:

 

  • 📢 A importancia da divulgación científica na carreira investigadora.
  • 🛠️ Ferramentas e boas prácticas para comunicar a investigación á sociedade.
  • 🌍 Experiencias de divulgación científica e participación en proxectos europeos.

 

Ademais, celebrarase a mesa redonda "Divulgación científica e perspectiva de xénero en enxeñaría", na que investigadoras e profesionais de distintos ámbitos compartirán experiencias e reflexións sobre os desafíos e oportunidades para avanzar cara a unha maior visibilidade e participación das mulleres na enxeñaría.

 

No marco desta celebración presentarase tamén a I Edición dos Premios CINTECX–EEI-Beatrice Hicks, unha iniciativa destinada a poñer en valor referentes femininos que contribuíron a abrir camiño ás mulleres no ámbito tecnolóxico e industrial.

 

📍 Lugar: EEI – Sede Campus (Vigo) (pendente de confirmación)

🕙 Horario: 10:00 – 12:00 horas

🎟️ Acceso libre. Prazas limitadas ata completar aforo.

 
📝 As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 15 de xuño a través do formulario habilitado.

Lun
08
Xuñ
2026

Talento preparado para transformar o mundo.
 
 
 

📅 Luns, 8 de xuño de 2026
📍 Auditorio Mar de Vigo

 
A Escola de Enxeñería Industrial celebrará o vindeiro 8 de xuño o acto de graduación do alumnado que remata os seus estudos este curso académico.

 
Será unha xornada moi especial para celebrar co equipo directivo, o profesorado e as familias o esforzo, o compromiso e todos os momentos compartidos ao longo desta etapa universitaria.

 

Un acto cheo de emoción co que despedir unha etapa inesquecible e dar a benvida a novos retos e oportunidades.

 

Esperamos contar coa túa presenza e compartir contigo este día tan significativo.

 

Programa previsto:
 

  • 🕓 16:00 horas. Fotografías no exterior do auditorio (familias, grupos...)
  • 🕓 16:30 horas. Entrada dos estudantado.
  • 🕓 17:30 horas. Entrada de familiares.
  • 🕓 17:45 horas. Recepción de autoridades.
  • 🎓 18:00 horas. Comezo do acto.
  • 🏁 20:00 horas. Finalización do acto.

 
Podes consultar máis información na seguinte ligazón.

Mér
20
Mai
2026
09:50

Claves e tendencias

   

📅 Mércores, 20 de maio de 2026.
📍 Salón de Actos da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus da Universidade de Vigo.
🎟️ Asistencia gratuíta.
📝 Inscrición a través deste formulario. Indicar se se desexa participar no xantar.
 

A Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus acolle unha nova edición do Seminario de Loxística, un encontro de referencia que reúne cada ano a profesionais e expertos do sector para compartir coñecementos, experiencias e tendencias en áreas como a cadea de subministración, a produción, a distribución e a loxística inversa.

 

Organizado polo Grupo en Enxeñería de Organización (GIO) da Universidade de Vigo, o seminario combina visión estratéxica e casos prácticos da man de profesionais de prestixio.

 

A dirección do Seminario corre a cargo de D. José Carlos Prado Prado, Dr. Enxeñeiro Industrial e Catedrático do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo.

 

O programa deste ano será o seguinte:

 

  • 9:50 horas - Inauguración a cargo de D. José Fariña, Director da Escola de Enxeñería Industrial e de D. José Carlos Prado, Director do Seminario.
  •  

  • 10:00 horas - De prototipos a produción: consolidación dun produto aeronáutico.
    • Héctor Estévez Pomar, Director xeral e socio en Centum Research & Technology.
    • David Casasnovas Fernández, Director de operacións e socio en Centum Research & Technology.
  •  

  • 11:00 horas - Retos e expectativas na distribución urbana de mercadorías
    • José Carlos Espeso Illera, Xerente de mobilidade e Distribución Urbana en AECOC.
    • Mesa redonda con Sarai Rodrigo (Responsable de loxística e transportes en GADISA), Pedro Conde (Responsable de loxística de Distribución en HIJOS DE RIVERA S.A.U) e Transportista (pendente de confirmación).
  •  

  • 12:00 horas - Pausa café.
  •  

  • 12:30 horas - Estruturación e mellora de procesos en contornos de crecemento: casos prácticos nunha empresa do sector da construción.
    • Ignacio González Montes, Adxunto á Xerencia en Plaintec Obras y Servicios.
  •  

  • 13:30 horas - Cando as persoas moven a loxística: o poder dos equipos de mellora en Congalsa.
    • Diego Álvarez Pérez, Director de planificación e loxística en Congalsa.
    • Antía Moledo Gugliotta, Xefa de loxística en Congalsa.
  •  

  • 14:30 horas. Xantar opcional en «La Cocina de María» (Área comercial da Universidade de Vigo). Importe pendente de confirmar.

 
💡 Por que asistir?
 

  • Coñece as últimas tendencias en loxística.
  • Escoita experiencias reais do sector.
  • Conecta con profesionais e empresas.

 

Agardámoste en Vigo!